4/5/18

A MALETA DA IGUALDADE.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e maila Secretaría Xeral de Igualdade presentaron as maletas da Igualdade. 
Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado (de infantil, primaria e secundaria) e mais para o profesorado. 
A súa finalidade é aportar aos centros un recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...
A maleta para infantil e primaria contén 43 títulos (a práctica totalidade, álbum ilustrado).
Esta maleta estivo no noso centro e axudounos a coñecer novos libros moi interesantes.




Dende a Biblioteca temos elaboradas dúas listaxes de Libros Coeducativos en Pinterest, nestes enlaces:


 
 

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails