O venres día 13 recibimos no colexio ao pai de Xoana, alumna do 2º ciclo.Miguel Anxo leunos un precioso conto titulado "Titiritesa": No reino de Trasantonte vivía a princesa Titiritesa. O que máis lle gustaba era comer terróns de azucre e enlamarse nas pozas, cousa que facía rabiar á súa mai, a raíña Mandolina, que soñaba con vela casada. Ela soñaba con explorar o mundo nun cabalo azul...
É un excelente contacontos e fíxonos pasar un rato moi divertido.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Ata pronto!!!
Deixámosvos a reportaxe fotográfica onde tamén aparece Xoana facendo unha fantástica presentación do seu pai.



