14/1/18

PAZ 2018

Este ano adicaremos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor a figura de Wangari Maathai, que gañou o Nobel da Paz,  grazas ao seu traballo como ecoloxista, que naceu das investigacións que levou a cabo como bióloga e investigadora.
O alumnado de 5º e 6º curso presentaranos un pequeno resumo sobre a súa vida a través do libro  "Wangari e as árbores da paz"





Nas aulas traballaremos unha historia contada por Wangari e titulada: 
"Ser como un colibrí"
 


Para rematar cantaremos unha canción africana: 
"UÉLE MOLIBÁ MÁKÁSÍ" que nos axudará a coñecer o folklore do país de Wangari, Kenia.
Tamén faremos  na área de Artística uns murais cooperativos en cada curso. 

Teremos na Biblioteca unha selección de
libros e películas, nestes enlaces:
LIBROS DE PAZ ED. INFANTIL
LIBROS DE PAZ DE 6 A 9 ANOS
LIBROS DE PAZ DE 9 A 12 ANOS.
PELÍCULAS DE PAZ.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails