22/12/20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL 2020

 

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2021

                Ola  Raiolector@s!!!

Botade unha olladiña

 á presentación deste Nadal

que cheíña de ilusión está.

 

Grazas a todos e a todas

   polo voso ben facer!!!

 

MOITAS APERTAS E BICOS MUSICAIS!!!



10/12/20

NADAL

 

 

 Raiolector@s, o Nadal está a chegar,

e as panxoliñas xa se fan notar,

e  versos navideños, ides ilustrar.

 

 

 

Estamos desexando ver as vosas ilustracións das panxoliñas!!!

 NADAL

O Apalpador

Panxoliñas de Mamá Cabrá 

3/12/20

NON + VIOLENCIA DE XÉNERO


Parabéns a todos/as pola vosa participación e colaboración. 

Quedou xenial!!!



VIDEO PROMOCIÓN DO CONTO:


Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso


De Estela Moreno Bermúdez

Parabéns a Daniela e Ximena que fixeron este vídeo para publicitar o conto "Pepuka e o monstro que lle roubou o sorriso.


Que espectacular!!! 

Son todas unhas artistazas da comunicación!

Dende a Radio Lorolareto,

 tamén fixeron o conto en audio,

 para que desfrutedes del,

 mentres non chega o libro 

a nosa biblioteca Soños de Andel.

Parabéns á rapazada de 6º que participou neste audio-podcast.


Música: La puerta violeta - Rozalén

20/11/20

25 DE NOVEMBRO NON + VIOLENCIA DE XÉNERO


                   25 DE NOVEMBRO 
    NON + VIOLENCIA DE XÉNERO

Actividades para  conmemorar este 25 de novembro .  Traballaredes  a canción  de Rozalén: 

 "La puerta violeta"





Deixámosvos unha ligazón onde tedes as tarefas que debedes de realizar para irdes entregando ao longo da semana. 

Estou desexando ver os vosos traballos !!!

18/11/20

OBRADOIRO DE RADIO



O curso pasado por mor do confinamento, non poidemos realizar o noso obradoiro de formación, polo que neste novo curso 2020/2021 contactamos co Laboratorio de radio, onde Lucía e Sergio déronnos dous obradoiros repartidos en dúas aulas diferentes, para poder facer un bo distanciamento entre a rapazada de 6º de primaria, e deste xeito cumprir co protocolo Covid-19.

Abofé que foi instrutivo. A rapazada aprendeu cousas novas, para poder seguir coa difusión da nosa Radio Lorolareto.

Déixovos unha montaxe de fotos e pequenos vídeos que mostran o que estes laretados/as estiveron a facer.




8/11/20

SEMENTES DE SABEDORÍA NOS...

 


 


Damos comezo ao noso proxecto de centro, onde dous titulares  como  Sementes de sabedoría nos andeis e Sementes de sabedoría nos maiores, serán o vehículo de conexión para a nosa conciencia medioambiental.

Deixámosvos cunha presentación das sementes que  @s bibliotecari@s xa foron atopando ao longo destas semanas, e ademais das que iremos descubrindo ao longo do curso.



2/11/20

SEMENTES DE RELATOS

 

Benvid@s raiolectores/as!!!

    Neste novo curso escolar 2020 / 2021, imos continuar co noso PDI de centro relacionado coa reciclaxe e coidado do medioambiente:  SEMENTES DE PAPEL.


    Por certo, temos que seguir aprendendo moito e intentar poñerlle frente a esta pandemia que estamos a vivir, cunhas boas medidas de hixiene, pero sen esquecer a importancia de facer un bo uso e unha boa reciclaxe das máscaras que usamos, para non perxudicar o noso ecosistema.


     Este pasado 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas, e os bibliotecarios/as de Soños de Andel, fixeron uns magníficos relatos para dar apertura a este espazo, onde os andeis están cheos de soños fantásticos para poder vivir dende calquera parte .
    Antes quero deixarvos un conto cuxo título "Contaxio" é unha viaxe polo dicionario a través desta palabra e a relación que ten con outras palabras do dicionario.

‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.


Abofé que vos vai encantar!!!


<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5f9736e58c7f9b0d14e86b73" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>Fonte: G24.gal
 

SEMENTES DE RELATOS

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5f9736e58c7f9b0d14e86b73" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

26/6/20

Protocolo para desfrutar da biblio

Ola Raiolectores/as!!!

Aquí vos traemos, como prometimos, unhas normas para poder volver desfrutar da biblio da forma máis segura posible... así tedes tempo para ir revisando e botando unha ollada! E por suposto, se tedes algunha dúbida podedes preguntar!!

Primeiro, unha pequena infografía coa información máis básica!

INFOGRAFÍA


E aquí, unha presentación con algunhas cousas máis explicadas...








Estamos seguros de que entre todos/as, poderemos ter ao virus afastado do noso cole!!


Por certo, tede en conta que poden sufrir modificacións se hai instruccións novas! Pero vos iremos avisando de todo!

#VoltaremosPronto

19/6/20

LEMBRANZAS DESTE CURSO 2019 / 2020

Remata este curso tan diferente, pero como sempre cheo de CONTOS  e HISTORIAS , onde os/as protagonistas sodes vós.
Antes destas vacacións merecidas, agasallámosvos con este repertorio tan variado do voso ben facer para que  podades volver a desfrutar dos vosos contos favoritos.


o


Como ben lembrades , neste curso aprendimos moito sobre a concienciación do coidado do Planeta e  fixemos actividades moi chulas coma convertirnos  en patrulleiros/as verdemáns, investigadores grazas ao horto da conciencia (que por certo! teremos que retomar á volta do verán) e moitas máis actividades que intentamos deixarvos reflexadas neste libro virtual que esperamos que vos traia entrañables recordos.

f

Raioteca e Lorolareto despedímonos polo de agora, non sin antes recordarvos que aínda que toca desfrutar do verán, deberemos seguir coas recomendacións por mor desta pandemia, para en breve poder volver a vernos nos andeis da nosa biblioteca e escoitarnos a través dos micros da Radio Lorolareto.

#VOLTAREMOSPRONTO

Por certo, en vindeiros días darémosvos un adianto sobre o PROTOCOLO para  volver a desfrutar da nosa biblio, tendo en conta as medidas que nos axudarán a convivir nesta nova normalidade da forma máis segura posible.

16/6/20

Recomendacións de verán


Ola Raiolectores e Raiolectoras! 


Deixámosvos aquí unhas recomendacións moi fresquiñas para desfrutar este verán!! Esperamos que vos gusten!! Ademáis, ao longo da presentación atoparedes algúns enlaces moi chulos se premedes nas portadas dos libros que máis vos chamen a atención!!


Xa nos diredes que vos parecen!!!

#LecturasdeVerán


11/6/20

IDEAS PARA COIDAR A BIODIVERSIDADE


Navegando por esta presentación poderedes ver as magníficas propostas que todos e todas podemos seguir para coidar a biodiversidade.


Grazas por participar

 e aportar o voso gran de area...  
Xuntos conseguiremos un planeta mellor!











29/5/20

PROPOSTA PARA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



Aquí te deixamos o vídeo que atopou LoroLareto para que lle botes unha ollada!




Viches o que acontece no vídeo? É unha situación moi triste e que lle afecta moito ao noso planeta... Cómo podes axudar ti ao noso heroe Verdemán a evitar estas situacións e coidar a natureza que nos rodea?

Manda unha imaxe ou vídeo explicando unha idea relacionada cós 3R (reducir, reutilizar, reciclar) e o coidado da natureza: plantando unha árbore, un cartel que anime á túa familia e veciños a reciclar con sentidiño, un xogo creado con material de refugallo...

Envíao antes do xoves 4 de xuño ao correo ceipdeandrade5@gmail.com indicando nome e curso.



Bota a túa imaxinación a voar
e pensa que todos xuntos isto podémolo mellorar!



#PorLaNaturaleza
#PolaNatureza

19/5/20

LETRAS GALEGAS 2020

NARRANDO HISTORIAS

Parabéns a todos e todas as narradoras que deixáchedes a vosa pegada para esta proposta da nosa Biblioteca Soños de Andel. 

Fíxéchedes un bo traballo!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

Agora a desfrutar destas estupendas historias!

 





Aínda estades a tempo, ANIMÁDEVOS!!!

Lembrade envialas ao correo:

ceipdeandrade5@gmail.com

#GrazasLibros

#BescolaresgalAbertas



11/5/20

Letras galegas 2020






Este ano 2020 adícase este día a Ricardo Carballo Calero e con motivo da celebración, compartimos con vós unha lectura moi especial. Trátase dunha adaptación libre do conto "As pitas baixo a choiva" que esperamos que disfrutedes moito!






Ademáis, a editorial Embora compartiu o libro de balde así que, se vos apetece, podedes desfrutar do texto orixinal neste enlace: As pitas baixo a choiva



Ademais, Raioteca e Lorolareto teñen unha nova proposta para vós!

Nesta ocasión, e despois de ver coma Carballo Calero conta en "As pitas baixo a choiva" unha historia que lle aconteceu de pequeno, pedimos que gravedes un pequeno vídeo narrando a vosa propia historia! En galego claro!


Logo, podedes envialo ao correo (indicando nome, apelidos e curso)

ceipdeandrade5@gmail.com

e as compartiremos no blog!






Xa por último, recordarvos que clicando aquí podedes volver a escoitar o programa de radio que se fixo o ano pasado por mor deste día!
 
Pinchando na imaxe  
PRIMAVERA das Letras poderás desfrutar dun feixe de actividades para aprender sobre Carballo Calero.
https://primaveradasletras.gal/

30/4/20

Recomendacións lectoras



Ola de novo raiolectores e raiolectoras! Aquí tedes toooodas as recomendacións (onde seguro que encontraredes verdadeiras xoias!) pero antes, Raioteca e Loro Lareto teñen unha mensaxe para vós:



















#GrazasLibros

#BescolaresgalAbertas


23/4/20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2020


Hoxe é 23 de abril, e celebramos o DÍA DO LIBRO. Neste día tan especial festéxase a LECTURA co gallo da data na que coincidiron as mortes de Cervantes, Shakespeare e  o Inca Garcilaso.
A  verdade é que este ano celebrámolo dun xeito diferente por mor do COVID-19, todos/as estamos confinados nas nosas casas, polo que as redes sociais, énchense de propostas para homenaxear este día do libro tan diferente a todos estes anos pasados.

Como nós non queriamos ser menos, fixémosvos  a nosa proposta dende a BIBLIOTECA SOÑOS DE ANDEL, e aquí vos deixamos algunhas das recomendacións que nos enviáchedes dende os vosos entrañables fogares.
As mestras de Infantil tamén nos deixan, as súas recomendacións lectoras.








#GRAZASLIBROS

#bescolaresgalAbertas




19/4/20

Domingo, 19 de abril de 2020



libro-imagen-animada-0032 







Lede a proposta que vos van facer RAIOTECA E LOROLARETO, para festexar o DÍA DO LIBRO, que se celebra este xoves 23 de abril.
 Podedes seguir este guión :


- Saúdo.

- Presentámonos.

- Recomendación/lectura dun anaco do libro/representación.

- Non te esquezas de dicir o título e o autor ou autora do libro.

- Non desveledes o final, pois perderá emoción!

Cando o teñades, enviádeo ao correo:

ceipdeandrade5@gmail.com

Indica o teu nome, apelidos e curso, título e  autor/a do libro.

CREACIÓN E IMAXINACIÓN EN ACCIÓN.

12/4/20

POEMAS nas VOCES da rapazada da aula
"Mencer de Lúas"

A rapazada de 5º dende as súas casas, por mor do COVID-19, agasallounos cos seus poemas preferidos nas súas entrañables e doces voces, para que estes días de corentena, a poesía inunde os nosos fogares.

Moitas grazas!!!

 #FIQUEMOSNACASA

 

 

Música: Himno do Antigo Reino de Galicia.

 
Música:
 Guitarra de María Beceiro.
"Un canto a Galicia"  na arpa de Daniel Jordán.

3/4/20



DÍA INTERNACIONAL 

 DO LIBRO

 INFANTIL E XUVENIL

2 de abril

O 2 de abril, coincidindo co  nacemento do  escritor danés  Hans  Christian Andersen,celébrase o día Internacional do LIBRO. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura na rapazada, e facer diso, un hábito de vida.

 BLOG DAS  BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 

 Mensaxe e cartel en galego.  

Día do libro infantil OEPLI 

Concurso GÁLIX "Un poema na túa voz"( Remata o prazo o 10 de abril)

 Para poder ler libros gratuitamente, ide á  plataforma Galicia Le

 Coa axuda das vosas familias podedes  ver, ler, escoitar libros  na tablet, no ordenador ou no libro dixital entrando nesta páxina.

Premede na imaxen e informádevos!

https://www.galiciale.gal/ 

 

25/3/20

LEMBRADE QUE O DÍA 21 DE MARZO CELEBROUSE O DÍA DA POESÍA


Coa POESÍA  DESCUBRES:


 A MAXIA DAS PALABRAS

 AS EMOCIÓNS AGOCHADAS.


 A TÚA IMAXINACIÓN

CHEA DE CREACIÓN.

 

MOITO NOVO VOCABULARIO

QUE MELLORA EXPRESIÓN A DIARIO.

 

LE , ESCRIBE E  RECITA POESÍA

É TODA UNHA LEDICIA.

 

Preme no seguinte enlace, onde desfrutar  poesías con encanto.

Carmenelenamedina 

 



 

PREME NA  IMAXE E DESFRUTA DO CONTO

http://www.kalandraka.tv/gl/video/olallaconta
 

CONTOS CONTADOS DENDE KALANDRAKA TV

 

  ESCRITORA DO CONTO 

" O PAÍS DOS  MANDÓNS"   


Desfrutamos moito da súa visita o pasado 6 de marzo, co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

 Deixámosvos coa entrevista que lle fixeron Diego e Uxía de 5º de Primaria.

 


7/3/20



                                   Ola rapazada!!!



Como ben sabedes,

o 8 de marzo

e o Día da Muller,

 e este ano, veu celebralo 

connosco Paloma  Rodríguez

                       
unha mestra xubilada, do CEIP Centieiras en Fene, 

que escribe libros fantásticos !!!

Esta importante escritora,creou contos tan 

maravillosos e educativos como:

"O País dos Mandóns”, “O Segredo de Flora”,

“Iriña Bailariña", "A urna dos desexos".



Libros sobre a IGUALDADE, e que están dispoñibles, 

na nosa biblioteca Soños de Andel.

E, ademais,o alumnado de 6º fixo unha presentación 

dixital,con ilustracións de todo o colexio do seu libro 

"O País dos Mandóns", onde a oralidade da igualdade 

conta.

Fixérono espectacular!!!


E para rematar, fixéronlle unha entrevista en 

directo,no estudo de gravación da nosa radio 

Lorolareto, para coñecer algo máis sobre esta 

máxica educadora e creadora.

A verdade é que todas e todos fixérono moi ben!


Agradecer, a visita a Paloma Rodríguez , pois foi 

todo un pracer tela connosco.


Para a semana subiremos a entrevista.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails