18/11/20

OBRADOIRO DE RADIO



O curso pasado por mor do confinamento, non poidemos realizar o noso obradoiro de formación, polo que neste novo curso 2020/2021 contactamos co Laboratorio de radio, onde Lucía e Sergio déronnos dous obradoiros repartidos en dúas aulas diferentes, para poder facer un bo distanciamento entre a rapazada de 6º de primaria, e deste xeito cumprir co protocolo Covid-19.

Abofé que foi instrutivo. A rapazada aprendeu cousas novas, para poder seguir coa difusión da nosa Radio Lorolareto.

Déixovos unha montaxe de fotos e pequenos vídeos que mostran o que estes laretados/as estiveron a facer.




No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails