25/4/23

ESTEFANÍA PADULLÉS- MARÍA PITA E O PIRATA

 Estefanía Padullés , este mércores 26 de abril , presenta no noso colexio o seu libro titulado  María Pita e o Pirata, onde vai mostrar as súas dotes tanto de ilustradora coma de escritora.

Vai ser todo un privilexio tela connosco, para gozar neste mes do libro, dun album ilustrado sobre a heroína coruñesa María Pita.



MES DO LIBRO -ABRIL- RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Esta semana do 24 de abril, teremos recomendacións lectoras e tamén  contacontos realizados pola rapazada de 6º e 5º de primaria, onde demostrarán a súa destreza artística e oral.

 Van facelo marabillosamente!!!

Deixámosvos información para facer as recomendacións.




Tedes toda a información na biblioteca e tamén as plantillas para facer as vosas recomendacións.
Cando as teñades feitas,  faremos uns libros para ter na biblioteca e poder desfrutar de todas elas. 




Ola rapazada !!!  Estou desexando que veñades á radio para escoitar as vosas recomendacións, lendas, contos, etc..., que queirades compartir cos vosos/as  compañeiros/as.

Animádevos !!!

23/4/23

MES DE ABRIL- LIBROS MIL

  FELIZ DÍA DO LIBRO- 23 DE ABRIL 2023

Xa estamos en abril ,onde os libros saen á rúa e as lecturas compartidas voan polos corredores, aulas, recunchos naturais e moito máis .

Esta semana pasada a rapazada de 6º e 5º de primaria, apadriñou a nenos e nenas , para facerlles soñar coas diferentes aventuras dos libros da nosa biblioteca Soños de Andel.

A emoción por compartir lecturas aos compañeiros estivo presente na biblioteca, cando elexiron o seu paxaro cos nomes dos afillados e afilladas.

Deixámosvos cun vídeo, onde podedes gozar deses chíos de lecturas apadriñadas.

VÍDEO -APADRIÑAMENTOS

Magníficos padriños e madriñas lectoras!!!

Parabéns polo voso  traballo lector!!!



14/4/23

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS


Este mércores 12 de abril, tivemos a sorte de poder contar no noso centro cun proxecto pioneiro pola sostibilidade, que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización dun mural artístico colaborativo  e ecolóxico, onde participou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. As pinturas utilizadas son fotocatalíticas que fan a función de absorber o CO2, o mesmo que se fosen árbores, de aí a súa importancia medioambiental, moi relacionada co noso PDI :

"Patrimonio ecolóxico-natural e cultural na nosa contorna"

Por outra banda, a rapazada de 6º de Infantil, 1º e 2º de primaria, pintaron bolsas de tea con estas pinturas fotocatalíticas. 

Fantásticos obradoiros de arte cheos de sostibilidade, creatividade e coidado do medio ambiente.

Deixámosvos os resultados de todo !


Agradecer a estes grandes artistas, que viñeran e deixaran unha pegada de arte ecolóxico no noso colexio.

Grazas tamén á nosa rapazada, polo seu traballo colaborativo e creativo. 



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails