25/2/10

INAUGURACIÓN CLUB DE LECTURA.

O mércores 24 inauguramos o noso club de lectura.
Somos dous grupos: un formado por alumn@s de 5º curso e coordinado por Isabel Galán, e outro por alumn@s de 6º curso, coordinado por Encarna.
A nosa primeira lectura é: "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure.
Teremos unha xuntanza cada 15 días, na Hora de Ler. As xuntanzas serán na biblioteca, na zona de lectura informal.
O nome que entre tod@s eliximos para o noso club é: RAIOLECTORES.
Con ese mesmo nome crearemos o blog do club de lectura.
Ao acto de inauguración asistiu o noso bibliotecario favorito, Alejandro, que nos dixo cousas moi interesantes. Desde aquí queremos darlle as grazas pola súa colaboración. Agradecer tamén a Mar, mestre no CPI A Baña ,polo préstamo e traslado dos 30 exemplares de "Palabras de caramelo".
Moitas grazas Mar!!!

19/2/10

TEÑO UNHA AVOA DIFERENTE...


Seguindo co proxecto de Lecturas Compartidas: "RECUPERANDO A MEMORIA" recibimos a visita de Gloria, a avoa de Carlos de E. Infantil, e de Pancho, o avó de Iván e David.
Gloria preséntanos o conto titulado: "Teño unha avoa diferente" e Pancho ameniza a sesión de contacontos con música de acordeón.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración de Gloria e Pancho, que nos fixeron pasar uns momentos moi divertidos. Foi unha actividade moi interesante.
Parabéns a estes dous superavós!!!


13/2/10

DE CIRCO...


Neste ENTROIDO, o cole de Andrade vístese de CIRCO:

PAIASOS en Infantil

MÚSICOS no 1º ciclo

"SALTIMBANQUIS" no 2º ciclo

No 3º ciclo: Bailarinas, maxia, encantador de serpes, mulleres barbudas, equilibristas, domadores...

PASEN E VEXAN:


E falando de CIRCO, esta curta de Eduardo Verástegui, gañadora do primeiro premio do concurso "The Doorpost Film Project" : "O CIRCO DA BOLBORETA".

Nun circo pequeno en plena depresión americana atópase un mozo sen extremidades que participaba nunha exhibición de rarezas; o director do circo e o valor do mozo logran que este descubra a súa auténtica dignidade como persoa.

Nesta curta atopamos moitos dos valores universais: a liberdade, a esperanza, a ledicia, a humildade...

Vía o noso blog amigo: Trafegando Ronseis.

11/2/10

OS NOSOS LIBROS DE ENTROIDO.


Durante toda esta semana, á entrada do colexio, haberá unha exposición cunha mostra dos LIBROS DE ENTROIDO
que as nenas e nenos de Andrade foron escribindo e ilustrando ao longo destes últimos anos: "Cousas para facernos rir", "A festa de Entroido", "Os nosos disfraces", "Receitas de bruxos"; son algúns dos títulos desta exposición.


Temos tamén unha exposición de CARAUTAS: Para rir. Para pasar medo. Para @s aventureir@s. Para disfrutar tod@s ...

10/2/10

OS MANDATOS DO MECO

PREME NA FOTO:

8/2/10

CONTACONTOS DE KALANDRAKA.

Recibimos a visita de dous fantásticos contacontos da Editorial kalandraka:

PABLO e PATRICIA.
Non só nos contaron varios contos, senón que tamén tocaron uns instrumentos moi orixinais e ensináronnos unhas fermosas cancións. Foi unha actividade moi completa e divertida. Disfrutamos moito e esperamos que non tarden moito en volver.

PARABÉNS e ATA PRONTO!!!
Deixámosvos AQUÍ, un enlace á páxina de Pablo e un vídeo que recolle algúns momentos desta sesión.


6/2/10

Un OpenOffice para Alumn@s de Primaria.

Un OpenOffice pensado para o alumnado entre 7 e 12 anos:



Descarga AQUÍ.

Vía blog de antonioxalonso.

CONSUMO RESPONSABLE.

"MUCHA GENTE PEQUEÑA,
EN
LUGARES PEQUEÑOS,
HACIENDO
COSAS PEQUEÑAS,
PUEDE CAMBIAR EL MUNDO
"
Eduardo Galeano.

2/2/10

A ESCOLA DOS SENTIMENTOS III

O venres celebramos no colexio o día da PAZ, e entre tod@s completamos unha réplica do cadro do pintor galego Leandro Lamas, titulado:
"A Escola dos Sentimentos".
Cada curso aportou unha peza deste crebacabezas e transmitíronnos os seus sentimentos de PAZ coa lectura de frases e poemas de creación propia. Para rematar, cantamos e bailamos a canción máis popular entre os rapaces e rapazas do cole, titulada “AMIGOS DEL CORAZÓN”.
Aquí deixamos a reportaxe fotográfica:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails