12/6/13

LECTURAS VERÁN 2013.

Clica nas imaxes para acceder as recomendacións:

AS CORES DO VERÁN,  PRELECTORES:


AS CORES DO VERÁN,  PRIMEIROS LECTORES:



AS CORES DO VERÁN,  LECTORES AUTÓNOMOS:



AS CORES DO VERÁN,  ENGLISH:



O verán pode resultar un
bo momento para deixarse
sorprender polas palabras,
as ideas ou as aventuras
que nos esperan nos libros.

9/6/13

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES.

Neste mes de xuño continuamos co proxecto de "Apadriñar a un lector".
O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en  calquera sitio do colexio.
Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica, máis fotos na galería da páxina web do centro, onde tamén podedes atopar o vídeo.




2/6/13

ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES"

O xoves 30 de maio, tivemos no colexio a actuación da Asociación Musical "Musicreques".
Como elas mesmas contan no seu blog: 

O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentras se interpreta en directo ao piano a música da Suite  “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. 
Da man dos monicreques, os nenos e as nenas poderán coñecer distintos intrumentos musicais, as distintas familias instrumentais, que é o ritmo, a melodía e a harmonía, aprenderán a bailar un vals, etc.

Ademais do espectáculo de música e monicreques, a Asociación ofrece tamén, aos centros educativos que participen co seu alumnado, unha Guía Didáctica para a realización de actividades complementarias previas e posteriores ao Concerto Didáctico.

As artífices desta actividade son dúas profesoras do Conservatorio de música de  Ferrol, Alma e Loreto.
A nós parécenos un espectáculo moi completo porque combina teatro de monicreques, música en directo, audiovisual e por suposto a maxia que encerran os contos.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns por esta iniciativa que seguro vai ter moito éxito.


Moitas grazas a Alma e Loreto. Ata sempre!!!




Enlace á galeria de imaxes do cole AQUÍ.

Vídeo do espectáculo:




1/6/13

MAIO, MES DAS LETRAS

Recompilación das actividades levadas a cabo 
neste mes de Maio, centradas na celebración das 
LETRAS GALEGAS 2013
(Debido a que non tiveron tempo suficiente para os ensaios, quédanos pendente para o 14 de xuño a 
actuación teatral do 3º ciclo coa obra "Touporroutou da lúa e o sol")



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails