O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e
3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus
afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de
Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.
Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica, máis fotos na galería da páxina web do centro, onde tamén podedes atopar o vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario