Como elas mesmas contan no seu blog:
O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentras se interpreta en directo ao piano a música da Suite “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky.
Da man dos monicreques, os nenos e as nenas poderán coñecer distintos intrumentos musicais, as distintas familias instrumentais, que é o ritmo, a melodía e a harmonía, aprenderán a bailar un vals, etc.
Ademais do espectáculo de música e monicreques, a Asociación ofrece tamén, aos centros educativos que participen co seu alumnado, unha Guía Didáctica para a realización de actividades complementarias previas e posteriores ao Concerto Didáctico.
As artífices desta actividade son dúas profesoras do Conservatorio de música de Ferrol, Alma e Loreto.
A nós parécenos un espectáculo moi completo porque combina teatro de monicreques, música en directo, audiovisual e por suposto a maxia que encerran os contos.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns por esta iniciativa que seguro vai ter moito éxito.
Moitas grazas a Alma e Loreto. Ata sempre!!!
Enlace á galeria de imaxes do cole AQUÍ.
Vídeo do espectáculo:
2 comentarios:
Publicar un comentario