Os nenos e nenas de Infantil e 1º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os axudan, cada día, a descubrir o noso mundo.
Os nenos e nenas de 2º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que comparten cada día, os xogos con eles.
Os nenos e nenas de 3º e 4º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os ensinan a respetar e valorar os animais.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os ensinan cada día o valor das pequenas cousas.
Tamén cantamos catro cancións de poemas musicados de Manuel María: "O meu burriño", "O Grilo", "O meu barco" e "A roda roda".
Enlace ao blog de música AQUÍ .
Ao remate do acto, a nosa mascota Raioteca agasallounos cun poema de Manuel María.