27/11/23

O MES DA CIENCIA- SEMENTEIRAS DE CURIOSIDADES CIENTÍFICAS

   



 Neste mes de NOVEMBRO, a ciencia vai estar sempre presente polos nosos corredores e polos nosos altofalantes., informando  e investigando sobre as nosas plantas, o seu crecemento, reprodución, etc,...


Representaremos diferentes experimentos  para reflexionar e pensar sobre eles.
Faremos pescudas , para atopar curiosidades das nosas  primeiras científicas galegas que abriron camiño para as demais e retrocederemos ao pasado para entrevistalas, e coñecer algo máis sobre elas.
Será toda unha honra!


















25/11/23

25N -ÚNETE

 Hoxe 25 de novembro de 2023, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

Este ano a campaña da ONU (Organización de Nacións Unidas) coa súa campaña  ÚNETE! , quere investir para previr a violencia contra as mulleres e as nenas. 

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz e tamén o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas.

A promesa dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable(ODS) é de non deixar que ninguén quede atrás, polo que non poderá cumprirse, mentres non se poña  fin á violencia de mulleres e nenas.

Nós, dende a nosa escola estamos a facer un recuncho violeta, para concienciar da importancia de poñer fin á violencia. Será un espazo para o diálogo onde teremos libros, que nos axuden a reflexionar sobre esta problemática. Nenas e nenos, están a pintar bolboretas e plumas para ir poñendo unha pegada violeta neste noso recuncho.  Está quedando xenial!

 Por outra banda, a rapazada dos diferentes cursos, está a preparar unha representación dunha adaptación en galego do libro: 

  Las niñas serán lo que quieran ser

Representarase, a vindeira semana , e abofé que lles está quedando moi ben!
Será unha pegada violeta máis, para seguir concienciando  da importancia da NON violencia!!!



9/11/23

MAGOSTO SOSTIBLE

 





COMEZAMOS OS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS,
 CO PERCORRIDO E  ENCENDIDO DO 
FACHO OLÍMPICO, ENTRE UN AQUELARRE 
DE  BRUXAS E BRUXOS, CO GALLO DO SAMAÍN.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails