24/6/07

ENTREGA DE DIPLOMAS

O 22 de Xuño, dentro dos actos celebrados con motivo do remate
do curso 2006/07 fíxemos entrega dos diplomas aos mellores
lectores/as e ilustradores/as deste curso. Noraboa a
todos/as os lectores/as e ilustradores/as do CEIP de Andrade.
BOAS VACACIÓNS !


Cool Slideshows!

17/6/07

OBRADOIRO DE CONTACONTOS: Pavís Pavós


Xoves, 7 de Xuño: Contacontos PAVÍS PAVÓS.
Para os nenos e nenas de Educación Infantil
Mestúranse contos con bruxas, vampiros, monstros...
con outros que falan deses medos difíciles de explicar:
a soidade da noite, aparicións irracionais... sen faltar
o punto de humor para xuntos gozar dunha hora de
medo máxico.

OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA




Mércores, 6 de Xuño

Obradoiro de creación plástica a partir dos contos
1º ciclo de Primaria

Coa súa maleta de contos e unha bola do mundo,
Raquel Méndez propón unha viaxe polo mundo
a través das lendas e os contos, facendo fincapé
nos contos de medo das distintas tradicións orais.
A partir do conto oral desenvolvéronse distintas
propostas plásticas.

Obradoiros Semana do Libro e a Lectura


Martes, 5 de Xuño


Obradoiro de Ilustración para
2º ciclo de Primaria:

Aplicación práctica de
como deseñar
un personaxe e as liñas básicas para
o desenvolvemento dunha historieta.
Vaise formando un ambiente creativo
plasmado nos deseños que os propios
participantes realizan, durante o obradoiro,
e que poderán seguir traballando na aula.

Obradoiros para nenos e nenas - Semana do libro e a lectura

Luns, 4 de Xuño











Obradoiro de ilustración con Anxo Fariña
Neste obradoiro o ilustrador acompañará
ao alumnado no percorrido de achegamento
ao libro cos seu debuxos.

Obradoiro de contacontos con Anxo Moure
o "Atrapador de contos", contador de historias
coidadosas coa natureza, de contos para
un mundo mellor.
Contos vellos para tempos
novos.

10/6/07

PUZZLE RAIOTECA

Libros artesáns e das editoriais ( Semana do libro e a lectura)

Xunto cos libros dos rapaces hai tamén unha
exposición de libros cedidos polas editoriais.
O que podemos atopar entre as liñas dos
libros son soños, paises, viaxes, liberdade,
medos, sorrisos...


create your own slideshow

EXPOSICIÓN DOS LIBROS DOS NENOS/AS (Semana do libro e a lectura)



Os libros e murais fabricados
cos soños dos nenos e nenas
dos colexios.
Son os libros feitos a man, os
libros e murais artesáns. Os
libros das tesoiras, o
pegamento e a cartolina
de cores, que por un día
serán de todos e todas.

LER POR ARTE DE MAXIA (Semana do libro e a lectura)


Na inaguración o Domingo 3 de Xuño contamos
co MAGO ANTÓN.
Haberá lobos, meigas, trasnos ou sacauntos;
centos de personaxes de fantasia nesta semana
de soños, e todos os nenos e nenas que collan
libros nas mans poderán miralos aos ollos
e sentir arrepios, alivio, tranquilidade...
todo é posible.






create your own slideshow

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA


Na semana do 3 ao 9 de Xuño
celebrouse en Pontedeume
a semana do libro e a lectura.
Este ano adicada a un dos
grandes temas da literatura
de todos os tempos:
O MEDO.
VAI DE MEDO será a base de obradoiros para nenos e adultos:

- Sesións de contacontos

- Exposicións

- Espectáculos

- Ilustradores...

O cartel é da ilustradora luguesa NOEMI LÓPEZ

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails