32 anos ensinando, acompañando e deixando pegada!!!
Hoxe celebramos unha xubilación, pero tamén celebramos unha vida profesional dedicada aos demais.
Celebramos 32 anos de aprendizaxe, de compromiso, de paciencia, de ilusión e de vocación.
Aurelio, sabemos que marchas das aulas, pero non marchas dos nosos recordos.
A partir de agora comeza unha nova etapa. Desexámosche tempo para ti, para a túa familia, para as túas afeccións e para todos eses proxectos que quedaron pendentes.
Moitas grazas por todo, Aurelio.
Parabéns pola túa xubilación e que goces moitísimo desta nova vida!








No hay comentarios:
Publicar un comentario