31/12/12

BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL

 A actividade estrela nestas datas na Biblioteca é:



Este ano realizamos xa a quinta convocatoria, recordamos as bases:

1.- Para participar nesta actividade, cada alumno/a terá que traer un libro adaptado á súa idade.

2.- Que sexa un libro que xa fose lido polo alumno/a.

3.- Que o libro estea en bo estado.

4.- O libro terá que vir acompañado dunha ficha, cun comentario persoal ou un debuxo. Esta ficha será entregada aos que queiran participar.

5.- A finalidade desta actividade é que cada alumno/a teña o seu libro como agasallo dun compañeiro/a da escola.

Os libros estarán expostos por ciclos, e a cada libro asignaráselle un número, co que entrará no sorteo final. 
Por ciclos cada neno/a fará unha presentación oral contándonos cousas interesantes do seu libro: como chegou ás súas mans, de que trata...


Click to play this Smilebox slideshow

Este mesmo día tamén fixemos entrega dos diplomas aos mellores lectores do 1º trimestre, e un pequeno agasallo para os axudantes de biblioteca.
O alumnado de Infantil de 5 anos presentounos o conto do Apalpador, coa participación da alumna de 4º curso, María.
Xa para rematar cantamos todos xuntos a canción do "APALPADOR"
Por suposto tivemos a visita da nosa mascota RAIOTECA que nos desexou un BO NADAL.
Enlace ao vídeo AQUI.






19/12/12

UN NADAL DE MOITAS CORES.



Dende a Biblioteca "SOÑOS DE ANDEL" desexámosvos un 
FELIZ NADAL e un BO ANINOVO.


Proxecto Fahrenheit 451. AS PERSOAS LIBRO

O Proxecto Fahrenheit 451 (As persoas libro) nace ao comezo do século XXI na Escola de Lectura de Madrid. Comparte a palabra vinculada, fruto da investigación de anos de Antonio Rodríguez Menéndez, co  proxecto A voz a ti debida, que busca que se recoñeza a lectura como un dereito das persoas.



Esa é unha das ideas claves que nos transmitíu Antonio na sesión que mantivemos con él na biblioteca da nosa escola. 
Tamén nos ensinou a falar con PALABRAS de chocolate fundido e a meternos debaixo da tela para crear un espazo máxico, íntimo e así comunicarnos mellor co grupo.
.A partir de agora estamos decididos a formar parte deste fantástico proxecto chamado:

Deixámosvos unha pequena reportaxe desta actividade. 
Na galeria da páxina web do cole tedes todas as FOTOS e o VÍDEO.
Grazas Antonio. Ata pronto!!!








16/12/12

Recitandocelsoemilio 12/12/2012


Onte, ás doce da mañá, xuntámonos todas as nenas, nenos e mestres do cole no  " salón de actos", para recitar e escoitar dous poemas de Celso Emilio Ferreiro, na celebración do centenario do seu nacemento. 
Comezaron os de E. Infantil que recitaron:
                                                                                        
O vello cantaba
unha lembranza.
O mozo cantaba 
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.

Logo continuaron os do primeiro ciclo ata irse incorporando todos os demais, recitando:
DEITADO FRENTE AO MAR.
Aquí vos deixamos o vídeo que recolle ese momento tan emocionante para todos nós.




7/12/12

RecitandoCelsoemiliO

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) chéganos a seguinte proposta:
Unha actividade que consta de  dúas accións simultáneas e complementarias:
  • Un acto colectivo de recitado público do poema  Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
  • Un envio masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.
Este acto celebrarase o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.
Ese día, as nenas e nenos de E. Infantil recitarán:


 CANCIÓN:
O vello cantaba
unha lembranza.
O mozo cantaba 
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.

O alumnado de Primaria recitará "Deitado frente ao mar"

Esta é a nosa aportación. Un vídeo gravado coas voces de alumn@s de diferentes cursos e ilustrado con obras do pintor Leandro Lamas.

2/12/12

Celebramos o "Día Mundial contra a Violencia de xénero"

O martes27, celebramos no colexio o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Despois de ler unha carta que Raioteca nos enviou para recordarnos o significado que ten este día, un grupo de nenas e nenos de diferentes cursos, fixeron unha representación teatral do conto de Anthony Browne,  "O libro dos Porcos"
Para rematar, cantamos todos xuntos a canción titulada "Abre tu mente"
Deixámosvos a reportaxe fotográfica desta actividade. 
Parabéns a estas actrices e actores polo seu traballo.

Todas as fotos da representación na galería da páxina web do centro. 
E o vídeo AQUÍ.


VISITA LEANDRO LAMAS

O venres 23, recibimos, con gran ilusión, a visita do pintor Leandro Lamas.
Raioteca enviounos unha carta. Clica AQUÍ.
Primeiro, quixemos agasallar a Leandro có recitado do poema que Sechu Sende lle adicou: AS CORES DE GALICIA.
Despois, explicámoslle todas as actividades que fixemos tomando como referencia a súa obra, e contámoslle o que aprendemos sobre él.
A continuación, como queríamos saber moito máis, fíxémoslle unha entrevista. As preguntas, AQUÍ.
Finalmente, Leandro agasallounos cun debuxo do apalpador, quedamos todos abraiados de ben que debuxa e agradecémoslle moito que o fixera adicado ao noso cole.
Tamén asinou no libro de ouro da nosa biblioteca e todos puidemos facernos unha foto ao seu lado.


MOITAS GRAZAS LEANDRO. 
FOI UN DÍA INESQUECIBLE.


Traballo elaborado polo alumnado de 6º curso:



A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA NA 
GALERIA DA PÁXINA WEB DO CEIP ANDRADE.

25/11/12

25N


A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada. Para crear conciencia e para inspirar accións que poñan fin a este feito, cada ano conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro). 

No blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares hai unha recompilación das propostas de centros de Infantil, Primaria e Secundaria. Para acceder pincha AQUÍ.

No noso cole ao longo desta semana realizaremos actividades relacionadas con esta celebración.
Para Infantil e 1º ciclo:

  No 2º e 3º ciclo están preparando a representación teatral do conto titulado "O Libro dos Porcos".
De momento, deixámosvos o vídeo:

E unha recompilación de música dende O Segrel do Penedo.

O MUNDO DE LEANDRO LAMAS.

Este é o gloster que elaboramos coa recompilación de todas as actividades que fixemos na primeira parte do proxecto "AS CORES DE GALICIA",  que xa sabedes que adicamos ao fantástico pintor Leandro Lamas.






8/11/12

CELEBRAMOS A 5ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA.

O pasado mércores 31 de outubro, celebramos no CEIP Plurilingüe de Andrade a 5ª Festa da Froita Autóctona, en colaboración con  AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume)

PROGRAMA:
- Benvida.
- Canción: “As froitas”.
- Adiviñas de Outono.
- O Rap da froita.
- Traballos sobre froita de outono.
- Presentación do menú degustación, 6º curso.
- Entrega de premios:
Diplomas aos participantes no certamen de poesia e redacións. Diplomas entregados polo Xefe Territorial de Educación, D. Indalecio Cabana.
Premios ao concurso de cabazas: Para a mais divertida, a mais orixinal e mais terrorífica.
Entrega de premios do concurso de froita autóctona de outono, otorgados pola AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona), para a variedade mais antiga, a variedade en perigo de extinción e a millor variedade e composición.
- Canción: Ricas Froitas.
- Degustación das receitas elaboradas.

Aquí tedes unha presentación coa recompilación de todos os vosos traballos:
 

E unha reportaxe fotográfica. Se queredes ver máis fotos, podedes visitar a galería da páxina web do centro aquí.



Tamén aparecemos na prensa.
Clica AQUÍ.

3/11/12

SAMAÍN 2012


O Mércores 31 de outubro celebramos 
O SAMAÍN:

  • Comezaron os mais peques do cole recitando unha  poesía:
 "Poesía de Medo".
  • As alumnas e alumnos do 1º e 2º ciclo fixeron unha homenaxe aos "Contos de Samaín". 

  • O alumnado de 5º curso representounos o conto titulado:      “A figueira de Pelostortos”

  • E para rematar cantamos todos xuntos:
“Xa chega o SAMAÍN”

Á entrada do colexio tivemos unha exposición de libros titulada: 
"Contos para asustar ao medo"


.



24 de outubro, día da BIBLIOTECA

O mércores celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA, adicado especialmente á nosa biblioteca 
"Soños de Andel". 

A nosa mascota Raioteca aproveitou este día tan especial para darnos a benvida e presentar o novo proxecto deste curso titulado AS CORES DE GALICIA. Se clicas aquí poderás ler a súa carta.
Adicaremos cada trimestre a un pintor ou pintora galega . Iniciamos a nosa andadura con Leandro Lamas; alumnos e alumnas de todos os cursos len o poema de Sechu Sende titulado precisamente "As cores de Galicia" e adicado a este fantástico pintor e ilustrador.
Deixámosvos aquí a presentación e a reportaxe fotográfica.

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA.


  
  

22/10/12

OS NOSOS MARCAPÁXINAS.

Estes son algúns dos marcapáxinas que fixemos partindo do fragmento dun cadro de Leandro Lamas: 
"Contos para Icia e Carme"


18/10/12

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este curso contamos cun grupo de dezanove alumnos e alumnas colaboradores de biblioteca. Tivemos unha reunión inicial na que lles fixemos entrega, a cada un deles, dunha guía da bilioteca, as normas de colaboradores e os turnos que por parellas farán ao longo deste primeiro trimestre.


GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


1/10/12

CONTOS E TICS

No curso 2011-2012 levamos a cabo un Proxecto de Formación en Centros titulado: "Os contos e as TICS".  Elaboramos diferentes recursos e actividades en torno aos contos que en cada ciclo foron seleccionados:

E. Infantil: "A que sabe a lúa?"
1º Ciclo: "Yamina"
2º Ciclo: "O rato solteiro"
3º Ciclo: "Contos vellos para rapaces novos"
             "El enigma Averroes"

Neste Glogster fixemos unha recompilación destas actividades elaboradas para os distintos ciclos:


         


23/9/12

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS.

Un marcapáxinas: "Contos para Icia"

Faremos un marcapáxinas dun fragmento da
pintura de Leandro Lamas titulada: 
"Contos para Icia"



BENVIDA

Dende este recanto queremos darvos a benvida ao novo curso 2012-2013.

Iniciamos un novo proxecto titulado: 

AS CORES DE GALICIA

adicaremos cada trimestre ao estudio dun pintor ou pintora galego/a.
Comezaremos con Leandro Lamas.
Deixámosvos aquí un pequeno retazo da súa fantástica obra. 

  


17/6/12

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2012.



UN LIBRO, UNHA VIAXE. 
UNHA VIAXE, UN LIBRO.
Clica na imaxe:



DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS.


10/6/12

APADRIÑAMENTO LECTOR II

Continuamos coa actividade de Padriños e Madriñas lectoras. 
Nesta ocasión o alumnado do 3º ciclo con nenas e nenos de E. Infantil.
Aquí deixamos unha pequena reportaxe.


OUTRO ENVIO PARA O SAHARA

Enviamos o noso segundo traballo para os campamentos de refuxiados saharauis titulado: "Andrade medieval". Tamén incluímos unha pequena reportaxe das reproducións dos Bibliobús Bubisher,  que realizou o alumnado de 4º e 5º curso de Primaria.
Para rematar, enviámoslles ademais un vídeo que as alumnas e os alumnos do 3º ciclo gravaron para presentarlles a nosa zona, aos compañeiros/as de Madrid e Zamora cos que pasaron unha semana de convivencia, na actividade "Escolas Viaxeiras".















6/6/12

COMEZAMOS O APADRIÑAMENTO LECTOR

As alumnas e alumnos de 4º curso apadriñan ás nenas e nenos 
de Infantil de 3 anos.
"Unha imaxe vale máis que mil palabras":

27/5/12

DESPEDIDA CLUB LECTURA 2011/2012


O xoves 24, tivemos a última xuntanza do club de lectura Raiolectores para este curso 2011/2012.
Contamos coa presenza de Yiya, que nos falou da súa experiencia nos campamentos de refuxiados Saharauis de Tinduf.
Os membros do club contáronlle o argumento do libro de Gonzalo Moure "Palabras de Caramelo" e falamos das diferentes impresións que nos provocou a súa lectura.
Para rematar, limos algunhas das cartas que nos enviaron as nenas e nenos saharauis cos que estamos levando a cabo o proxecto "Coñecernos para querernos".
Desde aquí queremos desexarlles aos alumnos e alumnas de 6º curso, que o ano que ven estarán no instituto, moita sorte na súa nova andadura. 


Foi un pracer compartir lecturas con todos vós. 




24/5/12

Yiya cóntanos a súa experiencia nos campamentos saharauis.



Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no "Recanto dos Contos". Yiya, a nai de Marina e Diego, relatounos a súa experiencia nunha viaxe que realizou aos campamentos de refuxiados saharauis, en Tinduf. Falounos de como foi a viaxe, a chegada do grupo ao campamento, a paisaxe, a xente, as súas roupas, os seus costumes e sobre todo a súa xenerosidade e a fantástica acollida que alí tiveron. Para a ocasión fixemos unha reproducción dunha jaima, con algúns obxectos típicos de uso doméstico. "Unha imaxe vale máis que mil palabras". Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica, non sen antes darlle as grazas a Yiya pola súa colaboración neste fantástico proxecto: "Coñecernos para querernos" .
MOITAS GRAZAS!!!







Para rematar, cantamos todos xuntos a canción de Macaco: "Mundo roto". Este vídeo foi grabado en Maio de 2009, no campamento de refuxiados saharauis de Dajla.





20/5/12

LETRAS GALEGAS 2012.


vLuns 14 de Maio
      Obradoiro de maquetería coa exposición de dúas maquetas: un muiño, e unha pequena central eléctrica.
vMércores 16 de Maio
Co motivo da celebración das LETRAS GALEGAS,  todos os anos,  a Unidade Veciñal "OLMO" en colaboración con outras entidades, organiza, ademais de Encontros culturais e Xogos populares, unha Mostra artesanal á que asistimos con alumnado do colexio. Este ano tamén convocaron un certame de redación : "O meu pobo". Dúas alumnas de 4º curso de primaria levaron dous primeiros premios en distintas categorias, Tamará e Icia. Parabéns!!!
vVenres 18 de Maio
Obradoiro de cestería.
Homenaxe a Valentín Paz Andrade:
Ás 13h. Presentación do traballo colaborativo sobre a súa vida e obra, que quedara exposto á entrada do colexio, para despois elaborar un libro xigante para a Biblioteca.
Canto e danza mariñeira (6º E.P.)
Cancións do mar.
Lectura das dúas redacións gañadoras.
Himno Galego
Exposición dos libros xigantes de diferentes autores aos que se lles adicou o día das letras Galegas.
Eposición de libros, en galego, elaborados polo alumnado do Centro.







Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails