A violencia
contra mulleres
e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada. Para crear conciencia e para inspirar accións que poñan fin a este feito, cada ano conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro).
No blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares hai unha recompilación das propostas de centros de Infantil, Primaria e Secundaria. Para acceder pincha AQUÍ.
No noso cole ao longo desta semana realizaremos actividades relacionadas con esta celebración.
Para Infantil e 1º ciclo:
No 2º e 3º ciclo están preparando a representación teatral do conto titulado "O Libro dos Porcos".
De momento, deixámosvos o vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario