28/4/08

LIBROS MÁIS SOLICITADOS.



Á entrada da BIBLIOTECA están expostas dúas listas:
  • A lista dos "MELLORES LECTORES/AS" do cole desde Outubro de 2007 ata Abril do 2008. Figura na entrada do Blog do "Día do Libro" a entrega de diplomas a estas lectoras e lectores.
  • E a lista dos "LIBROS MÁIS SOLICITADOS" polos alumnos/as do Colexio. Dentro desta relación de libros ocupan os primeiros postos todos os títulos de "Kika superbruxa" tanto na versión en galego coma en castelá. No apartado de consulta , os máis solicitados son os libros que recollen información sobre "Animais".

"DON QUIXOTE" para nenos/as

A autora Carmen Gil publicou na súa páxina web unha adaptación do Quixote para os máis pequenos. Pareceunos moi divertida e elexímola para ler todos/as xuntos/as o "Día do Libro". Previamente fixemos unha selección de imaxes para acompañar os versos e tamén recopilamos unhas adiviñas. Ademáis cada curso fixo un debuxo ampliado dunha das personaxes. Este foi o resultado final:



TEATRO INTERACTIVO EN INGLÉS

Do 21 ao 25 de Abril foi unha semana moi intensa, participamos nun montón de actividades moi variadas:

O Luns, unha sesión de contacontos: "Crecendo en igualdade" sobre o conto titulado: O LIBRO DOS PORCOS.

O Mércores, a celebración do "Día Internacional do Libro".

O Xoves, teatro en inglés, a obra titulada: "The Legend of King Arthur". É un storytelling, na que os actores da compañia FACE 2 FACE, fixéronnos participar activamente; algúns nenos e nenas incluso subiron ao escenario para representar algunhas personaxes, os que non subimos ao escenario tamén participamos con xestos, sonidos e sobre todo con cancións, que previamente preparamos na clase. Foi moi divertido!!!!. Aquí tedes algunhas fotos.




Create Your Own

  • O Venres celebramos o sorteo da "Mochila Viaxeira" que continua a súa andadura. Esta semana estará nas casas de: Sergio de E.Infantil, Lara de 1º Ciclo, Inés de 2º Ciclo e Martín de 3º Ciclo. BOA VIAXE! e BOAS LECTURAS!!!
    • 24/4/08

      23 de Abril, HOXE O LIBRO ESTÁ DE FESTA.

      O 23 de Abril celebramos o "Día Internacional do Libro e do dereito de autor".

      As 11:30 xuntámonos todas e todos na BIBLIOTECA para realizar varias actividades con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO .

      • En primeiro lugar os alumnos e alumnas de 6º curso explicáronnos a razón pola que a UNESCO elexiu este día en concreto, un 23 de Abril. Tamén nos contaron que nesta data en España faise entrega dos "Premios Cervantes" que son o galardón máis importante para os autores hispanos.


      A continuación fixemos unha lectura do Quixote,unha adaptación de Carmen Gil. Cada ciclo representou unha personaxe: E.Infantil e 1º Ciclo a Don Quixote. 2º Ciclo a Sancho Panza e no 3º Ciclo, 5º encargouse de Dulcinea e 6º de Rocinante. Léronse uns versos moi divertidos e ao remate houbo adiviñas, para descubrir de que personaxe se trataba.





      • Despois da lectura, cada un de nós, incluidos os mestres, pasamos a recoller un libro e unha flor que previamente fixemos nas clases de Plástica (as flores de papel) e nas de Lingua (o libro). Nadie saíu do colexio sen un libro e unha flor dun compañeiro ou compañeira da escola, todo de fabricación propia.




      • Á entrada da Biblioteca estaban expostas dúas listas: unha cos nomes dos nenos e nenas máis lectores da escola, e outra cos libros que máis éxito tiveron durante o tempo que levamos de curso. Hai tamén unha exposición con algúns destes libros.
      • Os mellores lectores e lectoras de cada curso recibiron un diploma de parte de "Raioteca". Noraboa aos gañadores e gañadoras. FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

      UN LIBRO E UNHA FLOR

      Os días previos ao 23 de Abril, todas e todos estivemos moi atareadas/os porque acordamos que ese día cada un de nós intercambiaría un libro e unha flor cun compañeiro ou compañeira do cole.
      Pero un libro e unha flor moi especial. Un libro escrito por nós, nas clases de Lingua e unha flor que faríamos nas clases de Plástica.
      Éste foi o resultado final. Estamos moi satisfeitos.



      23/4/08

      CONTACONTOS: "Crecendo en igualdade"

      O Luns 21 de Abril tivemos no colexio unha sesión de contacontos na que traballamos sobre o conto de Anthony Browne "O libro dos porcos". Esta sesión estivo dinamizada polo grupo DINAMO TEATRO, e dirixida as alumnas e alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Levounos a reflexionar sobre a necesidade de compartir entre todos e todas as tarefas do fogar.
      Esta actividade está recollida dentro dos talleres "Crecendo en Igualdade" propostos pola Concelleria de Servicios Sociais, Ensino e Sanidade.


      20/4/08

      ABRIL, MES DO LIBRO: Conto viaxeiro.

      "En Abril, viaxes mil"
      Primeiro foron as "MOCHILAS VIAXEIRAS" que andan a percorrer as casas das nenas e nenos da escola. Agora "O CONTO VIAXEIRO" que dende as aulas de Infantil ata 6º de Primaria foi creando o seu argumento e as súas ilustracións. Éste é o resultado final. Esperamos que vos guste.
      Recorda que tes que premer en FULL para ver o video en pantalla completa.


      conto viaxeiro from Andrade on Vimeo.

      SE QUERES LER O CONTO MÁIS AMODIÑO ESTE FORMATO PERMÍTECHE MANEXALO COMO TI QUEIRAS.

      18/4/08

      DISFRUTAR DA LECTURA EN COMPAÑIA

      ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

      As Mochilas Viaxeiras xa están na segunda semana de andadura polas casas das alumnas e alumnos do cole de Andrade.
      Despois de feito o sorteo, a vindeira semana estarán na casa de:
      Lucía de E.Infantil,
      Álvaro do 1º Ciclo,
      Ignacio do 2º Ciclo,
      Carolina do 3º Ciclo.
      Que disfrutedes do seu contido "en compañia"!!!

      16/4/08

      PRIMAVERANATURA

      Primaveranatura é un programa de educación e divulgación ambiental dirixido á poboación local escolar dos parques naturais e espazos naturais protexidos de Galicia.
      O colexio de Andrade está situado no concello de Pontedeume, e temos a sorte de vivir na zona de influencia do PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME .
      Imos participar neste programa e durante a primeira fase, o mércores 16 tivemos unha charla na Biblioteca do Centro sobre o noso parque natural e os espazos naturais galegos.


      A segunda fase do programa consistirá nun ITINERARIO AMBIENTAL POLO NOSO PARQUE NATURAL.
      Despois tocaranos traballar a nós. Teremos que facer un traballo onde recollamos algunhas das cousas que descubrimos nas actividades ou outras que nos contaron os nosos pais ou avós.
      Os traballos que fagamos irán a un concurso. Os gañadores serán recompensados cunha viaxe para coñecer outro parque natural de Galicia.


      13/4/08

      AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA ANDADURA

      Neste mes de Abril, mes dos libros, as Mochilas Viaxeiras do cole de Andrade inician a súa viaxe.
      O venres día 11 celebramos na Biblioteca o sorteo para coñecer os nomes dos que serán os primeiros/as en levar a mochila para as súas casas.
      Houbo moita expectación.
      O resultado do sorteo, que se fixo por número de carnet de lector, foi o seguinte:

      De E.INFANTIL: Rebeca
      Do 1º CICLO: Marta
      Do 2º CICLO: Sandra
      Do 3º CICLO: Sergio

      Que a disfrutedes!!!!!!!!!!!!!


      Ademáis dos libros e outros materiais(CDs, revistas, guías ...), cada mochila leva no seu interior:

      • Comunicado ás familias - Normas.
      • Listado co contido.
      • Caderno Viaxeiro.
      • Folla de control con data de saída e data de devolución.

      Neste enlace podedes acceder a toda esta información: Mochilas Viaxeiras. CEIP Andrade-Abril 2008

      6/4/08

      ÁBRESE UN GROMO, SAE UNHA FLOR ...

      O 5 de Marzo realizamos a primeira plantación escolar, das seis variedades recoñecidas da MAZÁ EUMESA, no recinto exterior do colexio.
      Fixemos seis grupos, e cada grupo ten que ocuparse do coidado da súa árbore. Desas árbores xa brotaron as primeiras flores, que nos anuncian a chegada da PRIMAVERA.




      Ábrese un gromo,

      sae unha flor

      A primavera

      ole a calor.

      Sol,

      Choiva,

      vento,

      néboa,

      color.

      Primaveriña...!

      Que ledo estou!

      Antonio García Teijeiro




      2/4/08

      CONTOS REINVENTADOS

      Hoxe, 2 de Abril, celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL", para conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen.
      Aproveitamos para facer un enlace aos libros deste autor que temos na biblioteca do cole e que podedes levar en préstamo. Clica aquí.
      Engadimos tamén unha pequena mostra dalgúns dos contos que as nenas e nenos do 2º ciclo de Primaria escribiron, inspirándose en cromos de personaxes de contos clásicos.
      Esperamos que vos gusten.


      Recorda que tes que premer en OPEN PUBLICATION se queres ver os contos en pantalla completa.

      NOVOS LIBROS PARA A BIBLIOTECA

      Con motivo da celebración do "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"
      Raioteca sorpréndenos con tres novos libros para a biblioteca do cole:



      O primeiro libro do mundo con oito olores diferentes!!!
      "En el reino de la fantasia"


      Geronimo Stilton viaxa ao Reino da fantasía e descubre o cheiro das bruxas, as sereas, os dragóns, as fadas, os duendes... 8 olores sorprendentes, perfume ou tufo?


      Un libro especial ... ao perfume de chocolate!!!
      "Regreso al reino de la fantasia"

      Queridos amigos, acompañádeme nesta nova viaxe chea de aventuras ao Reino da Fantasía! Atravesaremos o apestoso País dos Orcos, o goloso País dos Doces, o divertido País dos xoguetes e o radiante País do Ouro. Levaremos a cabo unha grande búsqueda para encontrar o Segredo da Felicidade!



      E outro libro de Geronimo Stilton con xogos, enigmas e trucos máxicos:
      "Viaje en el tiempo"

      Fuche perseguido algunha vez por un Tiranosaurus Rex? Estiveche perdido algunha vez no deserto na procura da pirámide de Keops? Intentache asediar un castelo medieval? Eu sí, e cómo! Todo comezou así: o profesor Voltio invitoume a unha Viaxe no Tempo coa miña familia.¡Ah!, cantas morrocotudas aventuras me esperaban…

      Quizais tamén che interese

      Related Posts with Thumbnails