24/4/08

23 de Abril, HOXE O LIBRO ESTÁ DE FESTA.

O 23 de Abril celebramos o "Día Internacional do Libro e do dereito de autor".

As 11:30 xuntámonos todas e todos na BIBLIOTECA para realizar varias actividades con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO .

  • En primeiro lugar os alumnos e alumnas de 6º curso explicáronnos a razón pola que a UNESCO elexiu este día en concreto, un 23 de Abril. Tamén nos contaron que nesta data en España faise entrega dos "Premios Cervantes" que son o galardón máis importante para os autores hispanos.


A continuación fixemos unha lectura do Quixote,unha adaptación de Carmen Gil. Cada ciclo representou unha personaxe: E.Infantil e 1º Ciclo a Don Quixote. 2º Ciclo a Sancho Panza e no 3º Ciclo, 5º encargouse de Dulcinea e 6º de Rocinante. Léronse uns versos moi divertidos e ao remate houbo adiviñas, para descubrir de que personaxe se trataba.





  • Despois da lectura, cada un de nós, incluidos os mestres, pasamos a recoller un libro e unha flor que previamente fixemos nas clases de Plástica (as flores de papel) e nas de Lingua (o libro). Nadie saíu do colexio sen un libro e unha flor dun compañeiro ou compañeira da escola, todo de fabricación propia.




  • Á entrada da Biblioteca estaban expostas dúas listas: unha cos nomes dos nenos e nenas máis lectores da escola, e outra cos libros que máis éxito tiveron durante o tempo que levamos de curso. Hai tamén unha exposición con algúns destes libros.
  • Os mellores lectores e lectoras de cada curso recibiron un diploma de parte de "Raioteca". Noraboa aos gañadores e gañadoras. FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails