Primaveranatura é un programa de educación e divulgación ambiental dirixido á poboación local escolar dos parques naturais e espazos naturais protexidos de Galicia.
O colexio de Andrade está situado no concello de Pontedeume, e temos a sorte de vivir na zona de influencia do PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME .
Imos participar neste programa e durante a primeira fase, o mércores 16 tivemos unha charla na Biblioteca do Centro sobre o noso parque natural e os espazos naturais galegos.
A segunda fase do programa consistirá nun ITINERARIO AMBIENTAL POLO NOSO PARQUE NATURAL.
Despois tocaranos traballar a nós. Teremos que facer un traballo onde recollamos algunhas das cousas que descubrimos nas actividades ou outras que nos contaron os nosos pais ou avós.
Os traballos que fagamos irán a un concurso. Os gañadores serán recompensados cunha viaxe para coñecer outro parque natural de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario