22/4/26

DÍA DA TERRA- DÍA DO LIBRO


Terra e Libro: dúas herdanzas, un mesmo compromiso co futuro.

Entre abril florecen dous tesouros,

a Terra e o Libro en harmonía,

unha canta con cantos sonoros,

outra en páxinas de poesía.


Coidemos a Terra que nos canta,

protexamos o Libro que ensina,

pois ambos son herdanza,

para coidar a nosa vida.

DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO: UNHA CONEXIÓN NATURAL

O 22 e 23 de abril celébrase unha das coincidencias máis fermosas do calendario: o Día da Terra e o Día do Libro. Dúas datas que, aínda que distintas, comparten unha profunda conexión, por iso dende o noso centro xuntámolas para combinar actividades comúns e diversas, onde a natureza e os libros xúntanse para ter unha conexión natural.

Hoxe o noso alumnado de biblioteca estivo facendo apadriñamentos lectores, coa rapazada de infantil!!!

Resultou unha xornada lectora entre padriños, madriñas e afillados/as moi enriquecedora.
Tiveron un agasallo dun marcapáxinas, feito polos padriños e madriñas.


No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails