Unha ampla reportaxe do desenvolvemento destas xornadas atopámolo no Segrel do Penedo. Grazas Loly por esta crónica tan completa.
Ademais do programa, sempre de gran calidade, é moi agradable atoparse con xente coa que habitualmente só nos relacionamos de maneira virtual, poñerlles cara e intercambiar saúdos. Aínda que tampouco nestas xornadas conseguimos que RAIOTECA e MIK chegaran a coñecerse, a pesar dos esforzos dunha fada de andeis.
Outra vez será!!!
Para rematar dicir que me gustou especialmente descubrir a Guadalupe Jover, a súa sensibilidade, quédome cunha de tantas ideas : "Os nenos e as nenas demandan máis que nunca que lles lean os pais, nais; por telos aí, a súa voz, a súa mirada, ese vínculo afectivo..."
Unha boa idea para transmitir aos pais, nais ou titores/as do noso alumnado.
3 comentarios:
Ola, Raioteca!
Haberá que esperar a outra ocasión. Nesta non foi posible a pesares dos esforzos e das fadas. Que mágoa!
Biquiños
Ao Segrel encántalle aparecer neste blog amigo a quen tanto admiramos.
E como nós tampouco coincidimos con Mik e con algún que outro amigo virtual, seique a "Xuntanza Gastronómico-Plambeira" non se vai facer esperar.
Bicos para as dúas
Publicar un comentario