Bos días, o 5 de abril visitáronnos Xerardo e Damián de Ponte Nas Ondas. Explicáronnos como grabar e editar un podcast. Tamén ensináronnos a como pronunciar e falar nunha grabación.
Despois do recreo fumos a grabar un programa en directo os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria. E aquí temos á nosa compañeira Alicia de 5º. Farémoslle unhas preguntiñas para saber como foi a súa experiencia.
Alá vamos!
Que che pareceron Xerardo e Damián? Parecerónme moi divertidos.
Que che pareceu o podcast en directo? Pareceume moi gracioso, sobre todo cando cantan a Vaca Lola e a parte dos nosos compañeiros Amaia e Hugo.
E agora imos a ver cal foi a experiencia dunha nena de cuarto chamada Berta.
Que che pareceron Xerardo e Damián? Pois parecéronme moi divertidos e ensináronme moito para o ano que vén, porque xa vou estar na radio Lorolatero.
Qué che pareceu o podcast en directo? Pareceume unha idea moi divertida da que aprender moito, para facer programas de radio, o curso que vén.
E ata aquí a nosa pequena entrevista. Esperamos que vos gustara.
Despidímonos dende a clase de 5º de primaria, mais non antes sen dicirvos, que foi todo un pracer ter con nós a Xerardo e a Damián, para seguir aproveitando a súa sabedoría radiofónica e dese xeito aprender moitísimo para levar á práctica na nosa Radio Lorolareto.
Ata outra dende as ondas do Eume !!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario