28/1/23

MALETA NATURALISTA


 O xoves 13 de xaneiro chegounos a Maleta Naturalista, que eu  Raioteca solicitei ao CEIDACentro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), para que a rapazada do noso centro poidese aprender moitas cousas sobre o noso Patrimonio Natural.
A rapazada de 5º de primaria foi a embaixadora de presentar todos os libros viaxeiros do Patrimonio Natural que levaba dentro.
Fixeron un traballo magnífico, pois organizaron as quendas para telas nas aulas nos diferentes días, ata a súa entrega de novo ao CEIDA, para que poida viaxar de novo por diferentes colexios e contaxiar deste xeito no coidado da Natureza.
Parabéns rapazas e rapaces!!!


Este mes de xaneiro, o noso alumnado xunto coas súas  familias recomendaron zonas naturais que podemos visitar na nosa contorna, algo moi relacionado co coñecemento desta maleta Naturalista.
Deixámosvos o vídeo. 
Parabéns polo voso ben facer!!!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola son Alicia de 6º de primaria.
Gustáronme moito os vídeos, fixérono xenial.
Adeus.

Anónimo dijo...

Ola rapazada, son Carolina de 6ºEP.
Encantáronme todos eses preciosos sitios, eran fermosos, moi bo traballo aos que presentaron cada un deses lugares.

Anónimo dijo...

Ola son Marta de 6.º, gustáronme todos os videos, o fixeron xenial!!!

Anónimo dijo...

Ola son Claudia e 6º de primaria.
Moi entretidos e informativos todos os videos!!!
Moitas grazas rapazada!

Anónimo dijo...

Bo día, somos Daniela e Sofía.
Parécenos xenial esta idea tan orixinal. Gustounos moito estes vídeos, é unha maneira moi entretida de aprender.
Parabéns a tod@s polo traballo.

Anónimo dijo...

Bo día, son Lina de 6º de E.P. Eses sitios son preciosos, xa quero visitalos!!!

Anónimo dijo...

Bo día, son Andrea de 6º de E.P. Parabéns a todos os nenos e nenas, eses sitios son preciosos.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails