Este ano adican as Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, un poeta do que seguramente xa escoitáchedes falar, e os nosos compañeiros de 5º de primaria fixéronos unha conexión marítima dende Córgomo, o lugar onde naceu Florencio, ao Ipanema, o barco no que viaxou ás Américas no exilio. Esperemos que vos guste.
Tamén faremos unha alfombra dos maios con palabras da natureza, xa que a Florencio gustáballe moito a natureza, e retratos de Florencio en Pop-Art. Tanto lle gustaba que, cando era pequeno, dedicoulle un poema a un castiñeiro da súa aldea. Acabou publicándose nun xornal de Ourense. Aquí o tedes:
"Retorto castiñeiro, outrora san e forte, atópaste ferido do machado da morte; as túas folliñas, murchas, van caendo no chan, ¡ou, tristura dunha árbore espíndose no verán!”
Mentres tanto non o celebramos no colexio, podedes desfrutar deste rosco de PASAPALABRA en familia, feito polo equipo de biblioteca e dinamización, adicado a Florencio, moi sinxeliño para que aprendades algo do noso homenaxeado.
Deixámosvos tamén tres WORDLES , para que xoguedes e sexades quen de averiguar tres palabras en galego relacionadas coa NATUREZA.
Boa sorte!!!
* O luns 23 de maio poñeremos as solucións do wordle.
Aquí tedes todas as palabras da Natureza do Pasapalabra, que estades a facer na vosa alfombra.
Día das Letras Galegas 2022 (A4 Document) de Eva Fernandez
6 comentarios:
Ola, son Xoel
Moi bo traballo compañeiros!!!
Son Xandre de 6 EP.
Quedou estupendo!!!
Son Xandre de 6 EP.
Quedou moi ben, parabéns!!!
Ola, son Daniela Sánchez de 6º de primaria. Quedou xenial!
Ola son Celtia de 6º, parabéns polo traballo! Quedou explendido.
Ola, son Mateo de 6º de primaria.
Moi bo traballo1
Publicar un comentario