Neste mes de abril, estivemos moi lectores e contadores de grandes e máxicas historias,para celebrar por todo o alto este mes de lecturas mil.
Tivemos unha magnífica visita do autor do libro: Os planetas, Jose Antonio Abad, que nos ensinou a estupenda conexión da boa lectura en conexión coa música. Toda unha xoia de arte.
Tamén tivemos apadriñamentos, lecturas en familia e obradoiros de monicreques para contacontos.
Deixámosvos cunha pequena presentación para ver o que fixemos.
Moitas grazas pola colaboración de toda a comunidade educativa que fixo posible o desenvolvemento deste mes cheo de lecturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario