11/12/08

Representación Teatral: "CASCANUECES"


As alumnas e alumnos de Infantil, primeiro e segundo ciclo asistiron á representación dunha peza teatral titulada: "El cascanueces".
Esta obra ten a súa orixe nun espléndido conto:
"El cascanueces y el rey de los ratones"
do escritor e músico alemán Hoffman .
Con este motivo dende a biblioteca adquirimos dous libros relacionados con esta obra, fusión de literatura, música e teatro:
"Cascanueces" dentro dunha serie de contos clásicos con CD, publicada por imaginarium, para Infantil e 1º ciclo.
"Musicando con Chaikovsky y el Cascanueces" tamén con CD, para o segundo ciclo.


A historia comeza cunha festa na véspera do Nadal, na casa dos pais de Clara. Drosselmeyer é un dos invitados á festa e trae varios regalos para a súa sobriña, entre eles un casca noces con forma de soldado. O irmá de Clara, Fritz, trata de apoderarse do novo xoguete da súa irmán e rompe....




Marcha del Cascanueces Op 71 - TCHAIKOVSKY


2 comentarios:

Loly dijo...

Parabéns por este fermoso xeito de acercar aos máis pequechos ao teatro, á música clásica... e polo que se ve nas fotos, seique o disfrutaron moito.

Anónimo dijo...

Hola somos Laura , Lydia e Silvia. Que tal estades ? Espero que ben porque o venres vamos de visita. Levarémosvos un regaliño para todos , será unha sorpresa por iso non bo lo imos contar he , he , he!!!!!!!!!!. Besiñooos .

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails