30/4/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VIII: Visita da ilustradora María Lires.

o xoves 25 de abril, recibimos a visita de María Lires. Xa sabedes que é a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca: "Soños de andel", pero tamén de moitos outros libros de literatura infantil e xuvenil, cos que estivemos traballando na área de Ed. Artística. Aquí tedes un enlace á listaxe deses libros:
Libros María Lires.

En primeiro lugar, xuntámonos no Recanto dos Contos e despois de que os alumnos e alumnas do terceiro ciclo  fixeran a presentación, quixemos agasallar a María coa representación do seu libro: "Bechos Pequerrechos".  Participaron moitas nenas e nenos de diferentes cursos, e ademáis elaboramos uns monicreques, que cobraban vida, movidos polo alumnado de 4º curso. Foi moi divertido, e pasámolo moi ben.
Despois, as alumnas e alumnos de 6º curso, fixéronlle unha entrevista con preguntas moi interesantes.
Para rematar, cantamos dúas cancións, unha adicada aos bechos pequerrechos: "Estes son bichiños con algo especial" e outra adicada á nosa amiga María: "María e a poesía".
Este acto serviunos de colofón para o remate da segunda parte do proxecto AS CORES DE GALICIA, adicado este segundo trimestre ás ilustradoras galegas, e en especial a María Lires. 

Moitas grazas María, e ata sempre!!!




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails