Pasamos unha tarde moi agradable, recollimos un montón de ideas e falamos de actividades e novos proxectos. Notábase que Chispa, a mascota da Biblioteca, andaba rondando por alí, porque senón non se explica a maxia que se respira nesa fantástica Biblioteca.
Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica que Loly fixo con todo luxo de detalles.
Tamén se recolle esta xuntanza nos blogues da Biblioteca do IES de Fene: "O Segrel do Penedo" , na biblioteca "Xoán Farias" e na Biblioteca do CEIP Isaac Peral.
1 comentario:
Unha reunión coas mellores bibliotecas.Nos houbera encantado estar aí.
Publicar un comentario