O Día Escolar da non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. o día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, que o 30 de Xaneiro de 1948 foi asasinado.
Este ano no noso colexio moitas das actividades para conmemorar este día xiran en torno ao proxecto "Coñecernos para querernos" pero ademais, entre todos, construimos unha árbore na que cada curso foi pegando as súas mensaxes de paz e ao mesmo tempo lemos uns fermosos poemas intercalados con cancións de PAZ. Ao remate compartimos pan con chocolate. Foi unha fermosa celebración.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica e a recompilación dos poemas e cancións. Desexarvos que todos os días sexan días da PAZ.
Cantamos á PAZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario