Como sabedes o cole participa no proxecto Escornabot. Cada vez son máis as
bibliotecas escolares integradas dentro do movemento maker, creando espazos na
biblioteca dende o que facer traballos moi variados, xa que este é un lugar de
reunión nel que poñer en común o coñecemento e realizar de forma colectiva
traballos variados. Ademais, a robótica resúltalles moi interesante e atractiva
aos rapaces e favorece a aprendizaxe autónoma, engloba moitas outras ciencias
(matemáticas, física, electrónica, programación, ciencias naturais...) e
promove a autonomía e o progreso constante.
Para Jeff Sturges, fundador del makerspace Mt. Elliot, en Detroit,
a integración destes espazos nas bibliotecas é un reto, xa que a maior parte
da xente pensa que as bibliotecas son
lugares silenciosos e os makerspaces son todo o contrario, moi
buliciosos. Sturges considera que as bibliotecas non só teñen que almacenar
información se non tamén xerar coñecemento.
No mes de maio
Raioteca propúxo unha actividade na que cada neno e nena fixera a súa proposta
para nomear o espazo creativo da nosa biblio.
Moitas foron as propostas:
Creacuncho.
Imaginadre.
Robotteca.
A opción máis votada foi...
Robotteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario