7/11/15

VIII FESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.


O xoves 29, celebramos no colexio a "VIII Festa da Froita Autóctona do Eume", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
Neste curso esta celebración xirou entorno ao tema do noso PDI "A Cultura popular do Lugar onde vivimos".
En E. Infantil, os nenos e nenas de 5 anos recitaron unhas retahilas referentes ás castañas, despois entre todos os cursos de Infantil cantaron a canción "O MAGOSTO ", para rematar repartindo castañas asadas. Neste enlace atoparedes unha estupenda reportaxe de todo o que traballaron nas aulas de Ed. Infantil.
O 1º e 2º curso de primaria foron os encargados de explicarnos e facernos unha demostración da Vendima, aquí os tedes en plena actuación.
O alumnado do 3º e 4º curso de primaria encargáronse da recompilación e elaboración de receitas
con froitas da nosa zona. Cada curso encargouse de cociñar dúas desas receitas. Fixeron tamén unha presentación moi interesante coa información que recolleron sobre os distintos froitos que empregaron na súa elaboración.




Os alumnos e alumnas de 5º e 6º recompilaron información ao redor do Magosto, o Samaín e a Esfollada. Quixeron coñecer cales eran os costumes na nosa zona perante estas festas e por iso preguntaron aos avós, pais, nais, veciños e familiares. Tamén investigaron sobre as lendas e historias que se contan na bisbarra. A partires do recompilado fixeron unha pequena representación teatral sobre o tema, aínda que descubriron moitas máis cousas que xa nos irán contando.
en 6º curso centráronse no Magosto e Samaín e no 5º curso na Esfollada.


Despois pasamos á entrega dos agasallos ás cestas de froitas e a todos aqueles que decoraron unha cabaza que pasou a formar parte dunha fantástica exposición.

Xa para rematar cantamos todos xuntos a canción do "Magosto":





Neste enlace tedes acceso aos vídeos desta celebración: 


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails