Co motivo da celebración do 187 aniversario do nacemento, dunha das figuras culturais literarias galegas máis importante, hoxe no noso centro educativo homenaxeamos a Rosalía de Castro, facendo un mural quebracabezas, onde cada curso tiña que decorar a súa parte e logo unilo todo, para finalmente gozar dese magnífico traballo.
Resultou unha labor en equipo estupenda!
PARABÉNS A TODOS E A TODAS!
A rapazada de 4º e 5º de primaria, crearon unha poesía como agasallo a Rosalía, que grabaron na nosa radio Lorolareto, e logo editaron.
Quedoulles fantástica!!!
1 comentario:
Que bonito poema!
gustoume moito
Publicar un comentario