Este luns 5 de febreiro , tivemos un obradoiro de radio coa asociación Ponte nas Ondas.
Estiveron no obradoiro a rapazada de 4º e 5º de Primaria e logo pola tarde, os mestres e mestras tiveron formación .
Agradecer a Damián, a súa colaboración connosco, pois sempre nos sorprende co seu ben facer.
Xa que este ano a UNESCO propuxo como lema :
UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO.
Pareceunos que estaría estupendo celebrar o Día Mundial da Radio cun obradoiro , para continuar educando, entretendo e informando, e así fixemos. Por enriba, tivemos a oportunidade de elaborar e facer unha entrevista a Xerardo Feijoo, fundador, coordinador , etc,..., da Asociación Ponte nas Ondas, onde o seu papel máis esencial foi ser un mestre incansable e vocacional, onde as súas gañas de ensinar e compartir , levárono xunto con outros compañeiros/as a fundar esta Asociación de PNO, para dar difusión e transmisión do Patrimonio común entre galegos e portugueses.
Grazas Xerardo , por compartir a túa sabedoría e o teu tempo , aínda despois de estar xubilado!
5 comentarios:
Ola eu son Elías de 5º E.P. encantoume o podcast.
Ese día foi moi divertido !!!
Boas eu son Aroa de 5º de primaria. Gustoume moito o obradoiro de radio.
Paseino xenial!!
Xoves,8 de febreiro 2024
-Ola chámome André, de 5º de primaria.
- A verdade é que foi moi divertido este obradoiro,ensináronos moitas cousas.
- Aprendimos como amplificar a voz en audacity, tamén como cambiar a voz.
- Eso foi o primeiro , despois do recreo amosounos como funcionaba o altofalante e como era.
- A verdade que resultou moi divertido e informativo!
- Parabéns ós entrevistadores, Lucas P, Lois e Caye,fixérono moi ben!
Ola son Xoán de 5º de primaria e a verdade que o pasei moi ben.
Aprendín a amplificar, poñer música por detrás, e moitas cousas máis.
Moitas grazas Damián Alonso por ter tanta paciencia con nós e tamén moitas grazas a Xerardo Feijoo por darnos tanta informción da súa vida.
Parabéns a todos e a todas!!!
Encantoume!
Publicar un comentario