Mañá martes é o 30 de xaneiro e a rapazada da nosa escola ,esta semana pasada, estivo preparando un audioconto relacionado coa temática, onde alumnado de diferentes clases estivo preparándoo con toda a súa ilusión.
Abofé que resultou unha actividade moi interesante, entretida e educativa para concienciar a alumnos e alumnas sobre os retos e desafíos que na época que estamos a vivir, seguen a ter que sofrir tantas e tantas familias, onde os máis perxudicados son os nenos e nenas.
POR UN MUNDO SEN FRONTEIRAS
POR UN MUNDO SEN GUERRAS
Desexamos que o gocedes tanto como gozamos nós facéndoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario