22/1/24

MÚSICAS PACIFICADORAS - DÍA DA PAZ


 A nosa rapazada está a preparar a celebración do Día Mundial da Non violencia, coa grabación de músicas pacificadoras na nosa radio escolar, onde as súas voces levarán notas musicais cheas de amor, solidariedade, empatía, comprensión  e sobre todo PAZ polas ondas do Mundo.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estiveron elaborando cunha nova letra a canción "TERRA" tan coñecida por todos/as, das galegas que compoñen o grupo musical Tanxugueiras.
Quedoulles moi ben, agora queda ensaiar, para que sexa perfecta!

Músicas que pacifican o ar
para mensaxes de Paz levar,
por este universo singular,
 co gallo dun novo mundo crear
e as guerras por fin rematar.
Mañá grabaremos na nosa radio escolar, as diferentes cancións pacificadoras que o alumnado dos diferentes niveis están a preparar e que ao longo destas semanas poñeranse polos altofalantes , para que deleite a toda a comunidade educativa nas saídas e nas entradas.

Aquí vos deixamos cun vídeo, onde se pode gozar das músicas pacificadoras que o diferente alumnado interpretou con ilusión e forza.


No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails