Aquí vos deixamos coa alfombra floral en formato pasapalabra, que este ano adicamos polas Letras Galegas a Florencio Gurriarán, poeta que adoraba a NATUREZA do seu pobo Córgomo, á que adicou poemas.
Raioteca propuxo á rapazada, que pescudara palabras en galego relacionadas coa NATUREZA, para facer un pasapalabra, e aquí vos deixamos co traballo que estiveron realizando os días desta semana das Letras para poder rematalo.
Cada unha das palabras tiña un código QR( uso de tablets ) para cando adiviñaran a palabra, poder aprender máis sobre ela.
Toda a rapazada gozou moito, tanto para facelo como para resolver o pasapalabra.
Desexamos que vos guste!!!
SOLUCIÓN DOS TRES WORDLES:
QUEIRUGA - ZONCHO - HERBA
4 comentarios:
Moi bo traballo compañeiros!!!
Ola son Yago de 6º de primaria gustoume moito.
Moi bo traballo!!!
Ola son Xoán de 6º de primaria, moi bo traballo!
Son Xandre de 6 EP.
Gustoume moito o ben que se escolleron as palabras e como quedaron abaixo as flores e demáis. Parabéns compañeiros!!!
Publicar un comentario