O Martes, os alumnos e alumnas do 2º ciclo recitaron unha poesía, moi divertida, que escribiron eles mesmos/as, para homenaxear a Ramón Piñeiro:
Ramón, Ramón,
se foses de chocolate serías un bombón
porque enchiches de sabedoría ó noso corazón,
e coa túa dozura fuches subindo un escalón.
Grazas as túas ideas e ao teu melón,
chegamos a acadar unha gran colección.
Con Galaxia e con Grial,
fundaches unha editorial,
e xuntas formaron unha empresa fenomenal,
que che deu un aire de intelectual.
Ramón Piñeiro, Ramón Piñeiro,
case sempre levas sombreiro,
o teu oficio é ser libreiro.
Non sei a que te me semellas
con esas grandes orellas,
pero sei que usas lentes
e que tes bos dentes.
E grazas a ti, o galego
seguiu por un bo rego.
Tamén o martes cantamos e bailamos: "O RAP DA LINGUA". Preme aquí.
O mércores, seguindo co programa de Lecturas compartidas, dúas alumnas do 3º ciclo leron o conto: "Chocolata", para os/as mais pequenos/as, e ao remate cantamos a canción, preme aquí.
O xoves, Begoña, a nai de Rebeca de E. Infantil, leunos un conto titulado: "XOGANDO ÁS ADIVIÑAS", ilustrado por Suso Cubeiro, que nos visitou a semana pasada. Pasámolo moi ben intentando solucionar as adiviñas, fixándonos nas pistas que nos daban as ilustracións. Dende aquí queremos agradecerlle a Begoña a súa colaboración.
O venres, os alumnos e alumnas de 3º curso representaron unha obra de teatro titulada: "A Maragota fachendosa e o Polbo fino". Parabéns a este grupo de actores e actrices polo seu traballo. Xa para rematar cantamos unhas cantigas .
Tamén durante toda a semana puidemos participar en actividades de XOGOS POPULARES.
A continuación deixámosvos a reportaxe fotográfica:
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2009. on PhotoPeachSE QUERES VER A PRESENTACIÓN EN PANTALLA COMPLETA PREME NO RECADRO DAS FRECHAS DO LATERAL DEREITO.
2 comentarios:
Excelente programa e excelente reportaxe. Que ben o pasaron eses nenos e nenas! Parabéns ao profesorado responsable de tantas e tan boas iniciativas
Bicos dende Vigo
Un bonito reportaxe. O progama é moi entretido. Pasalo ben!!
Moitos bicoss.
Sara.
Publicar un comentario