8/5/09

MAIO DA MARIÑA.

Os MAIOS significan na súa orixe o triunfo e a chegada da Primavera.
É un rito celta para asegurar as boas colleitas, e a protección do
"Espíritu da Natureza".
A tradición dos MAIOS na vila e bisbarra eumesa ven de moi antigo.
OS NENOS/AS E AS FLORES son os protagonistas desta celebración:




Os nenos e nenas do colexio de Andrade tamén quixemos sumarnos, un ano mais, a esta celebración paseando os nosos Maios e cantando algunhas cantigas.
Unha das cantigas eumesas propias da festa dos MAIOS é:

"MAIO DA MARIÑA"

Xa chegou o Maio
florido e galán.
Chegou tra-lo inverno
e antes do verán.

Baixou dende o cumio
do castelo antergo
ata o val do Eume
doce e señoreiro.

Maio namoreiro:
bicou as campiñas...
e en cada bicada
naceron floriñas.

Maio agarimoso
bicou as cerdeiras...
e aí tede-las froitas
mais ricas da terra.


Enlace ás actividades que no curso 2007/08 elaboramos no colexio co programa LIM:

OS MAIOS do Colexio de Andrade.

2 comentarios:

sara dijo...

Uns maios moi fermosos. Que festa máis bonita, chea de cores e flores. Seguro que o pasachedes moi ben.

Moitos bicos.

Sara.

Anónimo dijo...

Os maios é unha festa moi bonita e alegre. O voso traballo tamén. Bicos

Nesta semana nos confirmades o tema do autobus, o día 20 (xa mandei un correo polo malentendido , polo que continuamos indo o día 20).

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails