O martes 19, todos os colexios de Pontedeume fomos invitados pola Unidade veciñal "OLMO" a visitar unha mostra artesanal e de xogos populares. Había cestería, cerámica de buño, traballos de cantería, ferreiro, torneado de madeira, pirogravado, traballos de bordado e traballos en coiro.
Tamén elaboramos un boliño de pan que comimos con chocolate.
E recibimos un agasallo moi especial, un lote de libros en galego, para a nosa biblioteca.
Parabéns aos organizadores destas actividades e moitas grazas polos agasallos.
Estas son algunhas das portadas dos libros que recibimos desta asociación, para a nosa biblioteca.
3 comentarios:
Pasámolo moi ben.
Ola.Gústame o voso blog.Sígovos.Pasádevos polos meus a ver se vos gustan.Bicos.
http://valordelaspalabras.blogspot.com
http://conelritmo.blogspot.com
ola moitos bicos e felices vacacions a todos en especial a raioteca en un par de apertas pra todos os mestres
Publicar un comentario