22/3/09

DONA PRIMAVERA E DONA POESÍA .


Con motivo da celebración o 21 de marzo do "DÍA MUNDIAL DA
POESÍA" dende a Biblioteca convocamos un certame de Recitado de Poesía.
Se queres participar, terás que elixir un poema dun dos libros
expostos á entrada do colexio ou tamén pode ser un poema de creación propia.
· O recitado pode ser individual ou en grupo.
· Os/as que queiran participar terán que anotarse o luns na biblioteca.
· O certame comezará, o martes día 24 .
· Lugar: RECANTO DOS CONTOS.
· Na “HORA DE LER”
· Haberá agasallos para todas/os as/os participantes.
· O mellor RECITADO POÉTICO recibirá un agasallo especial.

. O xurado estará formado por mestres e alumnas/os elixidas/os por sorteo.

Tamén con motivo da celebración o 21 de Marzo do "DÍA DA ÁRBORE" aproveitamos para elaborar dende a Biblioteca un traballo recompilatorio de todas as actividades que ata agora fixemos en torno á "NOSA PLANTACIÓN".


Comezando polas charlas previas á plantación, impartidas na Biblioteca polos membros de AGFA Eume (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume), pasando polos traballos de aula: debuxos, poesías, procura do tesouro ... e por suposto, as nosas árbores e os seus coidados.




Tampouco podemos esquecer que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a resolución pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado
"Día Mundial da Auga."
Este ano o lema é:

"Sin importar en que parte de la corriente nos encontremos, todos compartimos el mismo barco."

Preme na foto para obter mais información.



2 comentarios:

Loly dijo...

Parabéns por esta fantástica entrada e por todas as actividades que estades a levar a cabo.
Apertas dende Fene

Anónimo dijo...

Ola, son Patricia de terceiro e hoxe son a encargada do correo.
Grazas pola visita ao noso blog
.Que vosoutros tamén teñades un feliz dia da poesía.
Patricia

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails