29/3/09

27 de Marzo: "A MAXIA DO TEATRO"

O Día Mundial do Teatro foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) e celébrase anualmente o 27 de Marzo.
Todos os anos unha personalidade de dimensión mundial redacta unha mensaxe.
Este ano, a tradicional mensaxe é pronunciada polo dramaturgo e director de teatro brasileño Augusto Boal . Entre outras cousas di:

"Actores somos todos nós, o cidadá non é aquel que vive en sociedade: é aquel que a transforma!”

Con este motivo organizamos no colexio unha representación teatral escenificada por alumnos de 3º e 4º curso de primaria e titulada:
"CARDITO CARACOL"

Premendo na imaxe podes acceder a uns consellos para facer teatro e pautas para a posta en escea desta obra: personaxes, vestiario, maquillaxe, música ...


NORABOA A TODOS OS ACTORES E ACTRICES QUE PARTICIPARON NESTA OBRA DE TEATRO E QUE NOS FIXERON PASAR UN RATO TAN DIVERTIDO!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Andrade: Despedímonos deste trimestre e vós dexesamos unhas boas vacacións.
Asimesmo decirvos que recibichedes un premio como un blog moi agarimoso.
http://superquintob.blogspot.com

sara dijo...

Sí, seguro que o pasachedes xenial nese teatro que fixeron os nenos de terceiro e cuarto.
Bicos de Sara.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails