Con motivo da celebración o 2 de Abril do Día Internacional do Libro Infantil ;
e o 23 o Día Mundial do Libro;
Durante todo o mes de Abril, dende a Biblioteca, organizamos unha serie de actividades relacionadas con estas celebracións.
Unha delas será a realización de Actividades TIC .
Propomos tres actividades orientadas ao 3º ciclo:
Unha "miniquest" que nos chega dende o equipo de biblioteca do CEIP Quintela en Moaña.
Preme na foto para acceder á miniquest.
Unha "procura do tesouro" elaborada no noso colexio. A súa tarefa final é a realización dun cartel para conmemorar o "Día Internacional do Libro":
Preme na imaxe para ir á "procura do tesouro"
E un xogo no que podes por a proba os coñecementos adquiridos sobre a celebración do 23 de Abril: "Día Internacional do Libro"
1 comentario:
Un saúdo dende Reboreda. Gústanos moito o voso traballo, e en concreto o xogo que fixestes sobre Andersen, xenial, tanto nos gustou, que vamos intentar utilizalo.
Moitas Grazas polo voso traballo!
Margarida
Publicar un comentario