Ola rapazada!
O 30 de xaneiro
o día da Paz será.
Propoñémosvos unha tarefa
para VALORES e EMOCIÓNS
en coordinación traballar,
cun libro cheo de ilusións
que vos fará imaxinar.
Propoñémosvos unha tarefa
para VALORES e EMOCIÓNS
en coordinación traballar,
cun libro cheo de ilusións
que vos fará imaxinar.
Ola Raiolector@s!!!
Botade unha olladiña
á presentación deste Nadal
que cheíña de ilusión está.
Grazas a todos e a todas
polo voso ben facer!!!
MOITAS APERTAS E BICOS MUSICAIS!!!
Raiolector@s, o Nadal está a chegar,
e as panxoliñas xa se fan notar,
e versos navideños, ides ilustrar.
Panxoliñas de Mamá Cabrá
Parabéns a todos/as pola vosa participación e colaboración.
Quedou xenial!!!
Parabéns a Daniela e Ximena que fixeron este vídeo para publicitar o conto "Pepuka e o monstro que lle roubou o sorriso.
Son todas unhas artistazas da comunicación!
Dende a Radio Lorolareto,
tamén fixeron o conto en audio,
para que desfrutedes del,
mentres non chega o libro
a nosa biblioteca Soños de Andel.
Parabéns á rapazada de 6º que participou neste audio-podcast.
Abofé que foi instrutivo. A rapazada aprendeu cousas novas, para poder seguir coa difusión da nosa Radio Lorolareto.
Déixovos unha montaxe de fotos e pequenos vídeos que mostran o que estes laretados/as estiveron a facer.
Damos comezo ao noso proxecto de centro, onde dous titulares como Sementes de sabedoría nos andeis e Sementes de sabedoría nos maiores, serán o vehículo de conexión para a nosa conciencia medioambiental.
Deixámosvos cunha presentación das sementes que @s bibliotecari@s xa foron atopando ao longo destas semanas, e ademais das que iremos descubrindo ao longo do curso.
Neste novo curso escolar 2020 / 2021, imos continuar co noso PDI de centro relacionado coa reciclaxe e coidado do medioambiente: SEMENTES DE PAPEL.
Por certo, temos que seguir aprendendo moito e intentar poñerlle frente a esta pandemia que estamos a vivir, cunhas boas medidas de hixiene, pero sen esquecer a importancia de facer un bo uso e unha boa reciclaxe das máscaras que usamos, para non perxudicar o noso ecosistema.
Este pasado 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas, e os bibliotecarios/as de Soños de Andel, fixeron uns magníficos relatos para dar apertura a este espazo, onde os andeis están cheos de soños fantásticos para poder vivir dende calquera parte .
Antes quero deixarvos un conto cuxo título "Contaxio" é unha viaxe polo dicionario a través desta palabra e a relación que ten con outras palabras do dicionario.