Neste mes de marzo estamos a facer moitas actividades relacionadas coa Poesía. Unha delas consiste en elaborar un Poema Dadaísta. En cada clase, dende Infantil de 3 anos ata 6º de Primaria, estamos construíndo un poema Dadá.
Nuns días mostrarémosvos os resultados, seguro que serán sorprendentes.
Pasos a seguir:
Coller un xornal.
Coller unhas tesoiras.
Escoller no xornal un artigo da lonxitude que queremos darlle ao noso poema.
Recortar o artigo.
Recortar con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e metelas nunha bolsa.
Axitala suavemente.
Agora sacar cada recorte un tras outro.
Copiar concienciudamente na orde en que saíron da bolsa.
O poema parecerase a ti.
E ti es un escritor infinitamente orixinal e dunha gran sensibilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario