23/3/14

En marzo: MULLER, POESÍA E TEATRO.

O Día Mundial do Teatro foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI). Celébrase anualmente o 27 de marzo polos Centros ITI e a comunidade teatral internacional.
O autor da mensaxe do Día Mundial do Teatro 2014 é o dramaturgo sudafricano, deseñador, director e creador Brett Bailey
Neste mes de marzo, celebración do día da muller, da poesía e do teatro, xuntámonos no Recanto dos Contos para asistir a unha representación teatral dun conto poético e coeducativo, "Cincento", que máis se pode pedir. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica.
Parabéns a estes mágníficos interpretes.

Rematamos cun poema musicado que Curros Enriquez lle adicou a unha muller galega de fama internacional, Rosalía de Castro: 
"No bico un cantar"; dentro dun proxecto de poemas musicados adicados á muller, recollido no blog de música, Cantos mirados.



No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails