Cada Centro escollerá unha muller dunha lista de Mulleres que marcaron a historia das mulleres e traballará na realización dunha exposición sobre o seguinte:
- Trazos máis relevantes da súa vida e as súas accións máis destacadas.
- Breve referencia ao contexto histórico e social no que viviu.
- Aportacións que ralizou na loita pola igualdade.
A mostra con todos os traballos realizados polo alumnado de todos os Centros Escolares permanecerá exposta na Casa da Cultura e haberá tamén unha exposición itinerante en cada un dos Centros participantes.
A nosa aportación a este proxecto é un traballo colectivo sobre "Clara Campoamor" no que participamos todas e todos dende E. Infantil ata 6º de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario