21/3/12

DÍA DA POESÍA 2012: "Ás mulleres do cole"

Noutras ocasións as nenas e nenos do colexio de Andrade crearon poemas adicados ao noso cole, ás cousas da natureza, a persoas tan importantes como súas nais...
Este ano tivemos un novo reto: Adicámoslle o día da poesía 2012, ÁS MULLERES DO COLE.
As nenas e nenos de Infantil recitáronlles ás súas mestres o poema: “Cando eu saiba ler”
As nenas e nenos de 1º e 2º recitaron o poema: “Xogando, xogando” para as súas mestres Graci e Cointa.
Os alumnos de 3º e 4º dedicáronlles o poema: “Imos inventar un conto”.
Os maiores do cole tamén lles recitaron ás súas profes Ánxeles e Paloma un poema titulado: "As dúas cincentas".
Despois tocoulle o turno a dúas mulleres moi especiais no cole Nieves e Amy. A elas adicámoslles o poema: “Un airiño suave”.
Cantas mulleres temos neste cole!!!!!!!
E, quen argallaría esta xuntanza?
Sira, Alejandra?    Cristina , Ana?    Isabel, Encarna?
A todas elas dedicámoslles o poema: "A Biblioteca Escolar".


                 

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails