21/3/12

DÍA DA POESÍA 2012: "Ás mulleres do cole"

Noutras ocasións as nenas e nenos do colexio de Andrade crearon poemas adicados ao noso cole, ás cousas da natureza, a persoas tan importantes como súas nais...
Este ano tivemos un novo reto: Adicámoslle o día da poesía 2012, ÁS MULLERES DO COLE.
As nenas e nenos de Infantil recitáronlles ás súas mestres o poema: “Cando eu saiba ler”
As nenas e nenos de 1º e 2º recitaron o poema: “Xogando, xogando” para as súas mestres Graci e Cointa.
Os alumnos de 3º e 4º dedicáronlles o poema: “Imos inventar un conto”.
Os maiores do cole tamén lles recitaron ás súas profes Ánxeles e Paloma un poema titulado: "As dúas cincentas".
Despois tocoulle o turno a dúas mulleres moi especiais no cole Nieves e Amy. A elas adicámoslles o poema: “Un airiño suave”.
Cantas mulleres temos neste cole!!!!!!!
E, quen argallaría esta xuntanza?
Sira, Alejandra?    Cristina , Ana?    Isabel, Encarna?
A todas elas dedicámoslles o poema: "A Biblioteca Escolar".


                 

18/3/12

ILUSTRAMOS CONTOS DE GONZALO MOURE.



Os máis pequenos do cole fixemos debuxos dos contos de Gonzalo Moure, que nos leron  antes da súa visita. 
Con eles elaboramos un libro que lle entregamos como agasallo.


Tamén  preparamos un collage de fotos e encargamos a Gonzalo que o leve para axudar a decorar as paredes  da biblioteca do Bubisher.
Moitas grazas Gonzalo por ese fermoso proxecto e por contarnos historias que tanto nos gustan.



11/3/12

RECIBIMOS A VISITA DE GONZALO MOURE.

Para comezar,   recordamos un correo que Gonzalo enviou ao noso club de lectura cando o inauguramos e limos por primeira vez o seu libro “Palabras de Caramelo”.

Para agradecerlle os momentos tan bos que pasamos lendo os seus libros, e como ademais era o día Internacional da Muller, limos unha reseña dedicada a unha muller moi especial para él, a súa nai.

Para rematar a presentación, cantamos todos xuntos, como homenaxe a ese fermoso proxecto que é “Coñecernos para querernos”, a canción “Mano con mano buscando el Bubisher”.


Despois chegou o turno de Gonzalo, contounos un montón de cousas sobre os seus libros e a súa vida. As súas experiencias no Sahara,  que inspiraron moitas das súas obras, e ese proxecto do Bubisher. Tantas historias interesantes...
Foi moi emocionante, porque Gonzalo sabe transmitir de "corazón a corazón".  
Moitas grazas e ata pronto!!!

   


                 
              

LECTURAS COMPARTIDAS: "La rara amistad del tío Jonás"

Continuando có proxecto Lecturas Compartidas de libros de Gonzalo Moure, esta vez o alumnado de 6º curso fai a representación teatral de "La rara amistad del tío Jonás".
Aquí vos deixamos un collage de fotos que recollen algúns dos momentos desta actividade.
Parabéns a estas fantásticas actrices e actores!!!




E un vídeo coa recompilación das Lecturas Compartidas, Gonzalo Moure.



8/3/12

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Durante estes días estivemos traballando para participar nunha proposta do Concello para os Centros Escolares de Pontedeume:
Cada Centro escollerá unha muller dunha lista de Mulleres que marcaron a historia das mulleres e traballará na realización dunha exposición sobre o seguinte:

  • Trazos máis relevantes da súa vida e as súas accións máis destacadas.
  • Breve referencia ao contexto histórico e social no que viviu.
  • Aportacións que ralizou na loita pola igualdade.

A mostra con todos os traballos realizados polo alumnado de todos os Centros Escolares permanecerá exposta na Casa da Cultura e haberá tamén unha exposición itinerante en cada un dos Centros participantes.
A nosa aportación a este proxecto é un traballo colectivo sobre "Clara Campoamor" no que participamos todas e todos dende E. Infantil ata 6º de Primaria.


4/3/12

LECTURAS COMPARTIDAS: "Nacho Chichones"


Continuando coa lectura de libros de Gonzalo Moure no Recanto dos Contos, hoxe o alumnado de 4º curso preséntanos o título: "Nacho Chichones".




LECTURAS COMPARTIDAS: "El mejor amigo del perro"

O xoves 8 de marzo, recibiremos a visita de Gonzalo Moure.
Durante estos días previos iremos presentando, no Recanto dos Contos, algúns dos seus libros, que serán lidos por alumnas e alumnos do 2º e 3º ciclo.
Comezamos con "El mejor amigo del perro" presentado polo alumnado de 5º curso.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails