- Ao remate do curso pasado o Equipo de Biblioteca xunto co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxemos rotular todas as aulas e dependencias do colexio, como explicabamos nunha entrada deste blog con data 23 de xuño: "TÍTULOS DE CONTOS"
O nome elixido para a biblioteca foi: "Soños de andel", un conto escrito por Susana Lamela e ilustrado por María Lires. Puxémonos en contacto coa escritora para proporlles asistir ao acto de apertura da biblioteca que terá lugar o martes 29; e imos ter a gran sorte de contar coa autora e a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca. Estamos moi entusiasmad@s con esta visita e o programa para ese día é o seguinte:
1.-Descubriremos a placa co nome da biblioteca.
2.-Representación dos Titiriteiros de Andrade: "Soños de andel"
3.-Actuación sorpresa: "Os libros encerran moitas sorpresas, neles viven fadas, magos e princesas..."
4.-Charla-coloquio a cargo de Susana Lamela e María Lires.
8 comentarios:
Ola Raioteca.
Paréceme unha moi boa proposta!!
Estarei atenta a ver o que ocorre.
Miles de bicos e apertas.
Sara
Ola Raioteca.
Paréceme unha moi boa proposta!!
Estarei atenta a ver o que ocorre.
Miles de bicos e apertas.
Sara
Ola Raioteca.
Paréceme unha moi boa proposta!!
Estarei atenta a ver o que ocorre.
Miles de bicos e apertas.
Sara
Que proposta tan bonita!E que boa elección para a biblioteca!
Disfrutade mañán da visita de Susana!
Bicos
Bea, de Ponteareas
Que sorte!! Xa me gustaría asistir a esa inauguración e disfrutar de tantas e boas actividades. O nome da biblioteca é precioso. Seguro que algún parente meu vive na vosa biblioteca e contarame todo con detalle. Que teñades un día estupendo!!
Apertas e moitos biquiños a Raioteca
Que idea tan orixinal, creativa e divertida. Parabéns! Seguiremos informándonos das vosas andainas literarias.
Saúdos
Ola de novo!!
Polo que vexo empezades o curso con actividades moi apetecibles. Espero ver pronto o resultado.
Moitos bicos e apertas desde Cabanas. Libroucho
Puxéstelles un nome precioso a BIBLIOTECA.
¡Felicidades! para todos eses actores que fixeron realidade eses "SOÑOS DE ANDEL".
Bicos e apertas
Nieves
Publicar un comentario