Ola a tod@s!!!
Queremos iniciar as entradas deste curso 2009-2010 coa recomendación dun libro moi especial: "A casa máis animada do mundo", escrito por CRISTINA SÁEZ CAZALLAS, unha compañeira, mestre no CEIP Ría do Burgo da Coruña; este conto está ilustrado por ALMUDENA APARICIO e editado por BAÍA edicións.
Nel atopamos infinidade de relatos curtos, cheos de imaxinación que nos adentran nun mundo de fantasía... e cunhas ilustracións de gran beleza.
Outros libros desta autora dirixidos ao público infantil e xuvenil son: "Moko" e "O Sorriso de Rosalía".
Dende o colexio de Andrade desexámosvos un bo curso 2009/10 e que as nosas bibliotecas cheguen a ser as CASAS MÁIS ANIMADAS DO MUNDO.
4 comentarios:
Tomamos nota. Encantada de visitar o voso blog de novo. Feliz inicio de curso e mellores lecturas.
Un bico agarimoso desde a biblio do CEIP de Pazos.
Raioteca!!
Alégrome moito de visitar o blog de novo.
Eu tamén tomo nota...
Espero que este ano tamén estemos en contacto e que todo vai tan ben como o curso anterior.
Mil bicos e apertas.
Sara
Grazas pola recomendación.Buscaremos o libro para a nosa biblio.
Feliz curso para raioteca vos desexamos dende a biblioteca do CEIP Quintela de Moaña!!!
Feliz curso!!
É fantástico chegar e atoparvos tan dispostos coma sempre.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario